Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante este anuncio notifícaselles ás persoas sinaladas no cadro anexo a Resolución desta dirección territorial, do 25 de xuño de 2025, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica a prol da entidade UFD Distribución Electricidad, S.A.
A citada resolución corresponde ao proxecto de instalación eléctrica denominada LMT, CT e RBT Milreu, no concello de Aranga (expediente IN407A 2022/235-1).
O texto íntegro da resolución que se anuncia está á disposición das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º, 15008 A Coruña, na Sección de Enerxía (teléfono de contacto 981 18 49 02), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión da resolución ao enderezo que sinalen.
Contra a resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada perante a Conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir da notificación da resolución, ou interpoñer calquera outro recurso que proceda.
A Coruña, 22 de xullo de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados
Concello de Aranga.
LMT, CT e RBT Milreu.
|
Parcela proxecto |
Propietario/titular |
Referencia catastral |
Lugar |
Afección pleno dominio |
LMT aérea-voo (servidume de paso |
Natureza do terreo |
||
|
Nº do apoio |
Superficie |
Lonxitude |
Superficie |
|||||
|
2 |
Abelardo Calvo Sánchez |
Polígono 10, parcela 486 |
Outeiro |
65-1 |
2 |
155, 87 |
2.510, 31 |
Eucaliptos |
|
65-2 (½) |
1 |
|||||||
|
4 |
Descoñecido |
Polígono 12, parcela 479 |
Codeso |
65-3 |
2 |
10, 82 |
108 |
Improductivo |
|
5 |
Fina Calvo Sánchez |
Polígono 12, parcela 477 |
Codeso |
26, 35 |
604, 74 |
Eucaliptos |
||
|
9 |
Descoñecido |
Polígono 12, parcela 475 |
Agra de Silvaredonda |
56, 81 |
806, 45 |
Monte alto |
||
|
13 |
Descoñecido |
Polígono 13, parcela 275 |
Mimo |
16, 45 |
Eucaliptos |
|||
|
14 |
Raimundo Calvo Sánchez |
Polígono 13, parcela 276 |
Mimo |
65-6 (½) |
1 |
22, 31 |
337, 81 |
Eucaliptos |
|
15 |
Descoñecido |
Polígono 12, parcela 476 |
Sobre da Casa |
65-6 (½) |
1 |
66, 5 |
1.065, 07 |
Eucaliptos |
|
65-7 |
2 |
|||||||
