DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Xoves, 7 de agosto de 2025 Páx. 42962

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 30 de xullo de 2025, da Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, polo que se somete a información pública o proxecto de interese autonómico (PIA) de ampliación das instalacións de Montajes Fivi, S.L., no concello de Teo (A Coruña), promovido por Montajes Fivi, S.L.

O artigo 55 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia (DOG núm. 8, do 14 de xaneiro), regula o procedemento de aprobación dos instrumentos de ordenación do territorio que deban someterse a avaliación ambiental estratéxica simplificada.

Para os efectos previstos no artigo 55.5 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, sométense a información pública, durante o período dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, os seguintes documentos:

Proxecto de interese autonómico (PIA) de ampliación das instalacións de Montajes Fivi, S.L., no concello de Teo (A Coruña), datado en xullo de 2025 e asinado polo arquitecto Luis Fernando Arteaga Ros (colexiado núm. 12.045 COAM).

Acordo de aprobación inicial do proxecto de interese autonómico de ampliación das instalacións de Montajes Fivi, S.L., no concello de Teo (A Coruña).

Para que calquera interesado poida consultalos e, de ser o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere oportunas.

Poderá accederse a esta información na páxina web da Consellería de Economía e Industria, a través da seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-industriais

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2025

Nicolás Vázquez Iglesias
Secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético

ANEXO

Memoria resumo

Solicitante: Montajes Fivi, S.L.

NIF: B15160419.

Domicilio social: Lugar da Igrexa 11, Teo (A Coruña).

Ámbito do proxecto: concello de Teo (A Coruña).

Obxecto: ampliación das instalacións de Montajes Fivi, S.L.

Descrición: o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) ten como obxectivo a ampliación das instalacións que Montajes Fivi, S.L. ten no Lugar da Igrexa, no concello de Teo (A Coruña), dedicadas ao deseño, fabricación e comercialización de condutos de ventilación a partir de bobinas de aceiro galvanizado para o sector naval, industrial e comercial. Todos os procesos son dependentes uns dos outros a modo de cadea de montaxe, polo cal necesitan que as instalacións estean interconectadas (edificios anexos e comunicados interiormente). Actualmente, a empresa dispón dunha nave industrial nunha parcela de 6.445 m² (referencia catastral 001704400NH33F). A sociedade pretende unha ampliación das instalacións existentes mediante a delimitación dun ámbito de solo urbanizable de uso industrial de 15.814,35 m², que abrangue unha serie de parcelas estremeiras coa ocupada polas instalacións actuais, ademais dun camiño local que discorre polo seu linde SO, con superficie aproximada de 1.162 m². As parcelas de propiedade privada pertencen a Montajes Fivi, S.L. e aos seus socios. O PIA prevé unha ocupación máxima de parcela de 71,66 % e unha edificabilidade máxima da parcela resultante de 10.800 m².