De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando sexa necesario efectuar unha notificación e se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puido efectuar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.
Na tramitación do expediente de aprobación do proxecto dunha planta de produción de fibras téxtiles a base de celulosa en Palas de Rei (Lugo), promovida por Greenfiber, S.L., recibíronse solicitudes por parte de persoas que solicitan que se lles recoñeza como parte interesada no procedemento. Nalgúns dos casos, ou ben non se indicou adecuadamente o lugar de notificación, ou ben non foi posible efectuala, polo que, por medio deste anuncio, e de conformidade co establecido na Lei 39/2015, procédese á seguinte notificación:
As persoas relacionadas no anexo I presentaron un escrito de alegacións durante a fase de información pública do proxecto dunha planta de produción de fibras téxtiles a base de celulosa en Palas de Rei (Lugo), promovida por Greenfiber, S.L., declarado proxecto industrial estratéxico (PIE) polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 29 de decembro de 2022.
No mesmo escrito de alegacións, as persoas relacionadas no anexo I solicitaban o seu recoñecemento como persoas interesadas no expediente en tramitación.
Consta no expediente un requirimento de emenda da súa solicitude efectuado polo Servizo de Coordinación Administrativa que lle foi oportunamente notificado. Nesa comunicación requiríaselle que acreditase, no prazo de dez (10) días hábiles, mediante calquera medio válido en dereito, a súa condición de persoa interesada no procedemento.
No dito requirimento advertíaselle expresamente «de acordo co artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de non darse cumprimento a este requirimento, teráselle por desistido da súa petición».
Vencido o dito prazo, non se achegou a documentación requirida e, polo tanto, non se acreditou ante esta secretaría xeral a condición de persoa interesada no procedemento.
Consideracións legais e técnicas:
1. A condición de persoa interesada nun procedemento vén regulada polo artigo 4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
2. De acordo co artigo 4.1 da dita norma, considéranse persoas interesadas no procedemento administrativo:
«a) Aqueles que o promovan como titulares de dereitos ou intereses lexítimos individuais ou colectivos.
b) Os que, sen iniciar o procedemento, teñan dereitos que poidan resultar afectados pola decisión que nel se adopte.
c) Aqueles con intereses lexítimos, individuais ou colectivos, que poidan resultar afectados pola resolución e comparezan no procedemento en tanto no recaese resolución definitiva».
3. O artigo 68.1 da mesma lei dispón que «se a solicitude de iniciación non reúne os requisitos que sinala o artigo 66, e, se é o caso, os que sinala o artigo 67 ou outros exixidos pola lexislación específica aplicable, requirirase o interesado para que, nun prazo de dez (10) días, emende a falta ou acompañe os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixese, se lle terá por desistido da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21».
4. O dito artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, establece a obriga para a Administración de «ditar resolución expresa e a notificala en todos os procedementos calquera que sexa a súa forma de iniciación».
Á vista do anterior,
RESOLVO:
1. Declarar a desistencia da súa solicitude de recoñecemento como persoa interesada no procedemento relativo ao proxecto dunha planta de produción de fibras téxtiles a base de celulosa en Palas de Rei (Lugo), promovida por Greenfiber, S.L., declarado proxecto industrial estratéxico (PIE) polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 29 de decembro de 2022, e declarar concluso o procedemento iniciado coa presentación da devandita solicitude.
2. Que se lle notifique esta resolución á persoa solicitante, segundo o establecido nos artigos 40 e 41 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Economía e Industria, no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da notificación desta resolución, nos termos establecidos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2025
Nicolás Vázquez Iglesias
Secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético
ANEXO I
|
Expediente |
Nome e apelidos |
|
2024/006184 |
Andrea Mahía Martínez |
|
2024/006017 |
Armando Filippo Amodia López |
|
2024/005711 |
Carmen Pello Besteiro |
|
2024/006066 |
Catuxa Magariños Barreiro |
|
2024/005736 |
Claudia Rodríguez Almón |
|
2024/003788 |
Cristina Cancelo Naveiro |
|
2024/005841 |
Elsa Diéguez Lamela |
|
2024/001607 |
Estela Arrigoni Rodríguez |
|
2024/005703 |
Hipólito Cienfuegos Palacios |
|
2024/005714 |
Hortensia |
|
2024/003825 |
Jesús Manuel Contreras Martínez |
|
2024/000419 |
José Luis Bernardo Delgado |
|
2024/001685 |
José Luis Fernández Guerra |
|
2024/003679 |
José Varela Bujeiro |
|
2024/002940 |
Juan Carlos Díaz Cabeza |
|
2024/005812 |
Laura Cuba Orosa |
|
2024/005375 |
Lidia Bugallo Nieto |
|
2024/000222 |
Lucía Pérez Fontao |
|
2024/005196 |
Mª dos Anxos Cabada Rodríguez |
|
2024/000082 |
Manuel Otero Outeiral |
|
2024/005739 |
Marco Marian |
|
2024/003782 |
María África Méndez Perera |
|
2024/000597 |
Montserrat Elía Carneiro Freire |
|
2024/006155 |
Pablo Domínguez Torres |
|
2024/005720 |
Pedro Santín |
|
2024/002946 |
Ramón Varela |
|
2024/005830 |
Roberto Araújo Zorrilla |
|
2024/000470 |
Sandra Chaves Eijo |
|
2024/002843 |
Santiago Bas López |
|
2024/001859 |
Santiago Méndez Vázquez |
|
2024/000160 |
Silvia Sarandeses Caamaño |
|
2024/003874 |
Verónica Baleato Castro |
|
2024/005927 |
Xiana Magariños Barreiro |
