Atendendo ao sinalado na base 12.3 da orde, a resolución da convocatoria darase a coñecer mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web
www.cidadedacultura.gal, e producirá os efectos de notificación ás persoas interesadas.
As persoas propostas para o premio deberán manifestar a súa aceptación expresa no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da notificación da resolución da concesión, que se fai a través deste anuncio.
O contido íntegro da resolución, así como a acta de valoración do tribunal de cualificación, onde consta a puntuación dos proxectos, poderá consultarse na seguinte ligazón:
https://www.cidadedacultura.gal/gl/transparencia-e-goberno-aberto/informacion-economica/axudas-e-subvencions
Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2025
Ana Isabel Vázquez Reboredo
Directora xerente da Fundación Pública Cidade da Cultura de Galicia
