DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 8 de agosto de 2025 Páx. 43283

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2025 pola que se amplía e se redistribúe o crédito orzamentario establecido na Resolución do 28 de outubro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes aos programas de incentivos 4 e 5 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector residencial, administracións públicas e terceiro sector, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (códigos de procedemento IN422J e IN422K).

Os programas de axudas correspondentes aos programas de incentivos 4 e 5 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector residencial, as administracións públicas e o terceiro sector (en diante, programas 4 e 5) están regulados polo Real decreto 477/2021, do 29 de xuño, e foron convocados en Galicia pola Resolución do Inega do 28 de outubro de 2021 (DOG núm. 215, do 9 de novembro).

A resolución do Inega do 28 de outubro de 2021 pola que se convocan os programas 4 e 5 en Galicia, foi modificada pola Resolución do 9 de febreiro de 2022, coa finalidade de adaptarse ás exixencias e requisitos exixidos na Orde HFP 1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, e a Orde HFP 1031/2021, do 29 de setembro, pola que se establece o procedemento e formato da información que deberán proporcionar as polas entidades do sector público estatal, autonómico e local para o seguimento do cumprimento de fitos e obxectivos e de execución orzamentaria e contable das medidas dos compoñentes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (BOE núm. 234, do 30 de setembro).

O Real decreto 477/2021 foi modificado polo Real decreto 377/2022, do 17 de maio, coa finalidade, entre outras, de ampliar a tipoloxía de beneficiarios das axudas dos programas de incentivos vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento, con fontes de enerxía renovable, así como á implantación de sistemas térmicos renovables no sector residencial.

En canto á posibilidade de ampliar o orzamento previsto no Real decreto 477/2021, do 29 de xuño, o anexo V do citado real decreto distribúe o orzamento entre as diferentes comunidades autónomas e cidades de Ceuta e Melilla, e poderá este ser ampliado para as comunidades autónomas que así o soliciten e conten cun grao de execución adecuado e con solicitudes en lista de espera, como é o caso de Galicia.

De acordo con isto, a Xunta de Galicia solicitou unha ampliación do orzamento asignado aos programas previstos no Real decreto 477/2021, do 29 de xuño. Conforme o recollido no punto primeiro da Resolución do 10 de xuño de 2022, da presidenta da E.P.E Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) M.P., pola que se amplía o orzamento do Real decreto 477/2021, do 29 de xuño, aprobouse unha ampliación de 39.163.367 euros para asignarlle á Comunidade Autónoma de Galicia, dos cales, 11.499.67,00 euros destináronse a esta convocatoria de axudas.

Tendo en conta a demanda existente, así como o ritmo de execución, a Xunta de Galicia solicitou dúas novas ampliacións de orzamento. Conforme o recollido no punto primeiro das resolucións do 30 de outubro de 2023 e do 21 de decembro de 2023 da presidenta da E.P.E. Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) M.P., pola que se amplía o orzamento do Real decreto 477/2021, do 29 de xuño, apróbase a ampliación de 23.851.844,00 euros para asignarlle á Comunidade Autónoma de Galicia, dos cales, 11.905.086,50 euros destínanse a esta convocatoria de axudas.

Ao non ser suficiente o orzamento para cubrir toda a demanda, solicitouse unha nova ampliación, que foi aprobada pola Resolución do 27 de xuño de 2024 da presidenta da E.P.E Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) M.P., pola que se amplía o orzamento do Real decreto 477/2021, do 29 de xuño, por un importe de 4.755.500 euros, dos cales, 1.662.000,30 euros destínanse a esta convocatoria de axudas.

O artigo 4.2 da convocatoria recolle a posibilidade, dentro de cada programa, de redistribuír os orzamentos entre as tipoloxías de beneficiarios, transcorridos tres meses desde a apertura do prazo de solicitudes, para adaptarse á evolución da axuda solicitada en cada unha das epígrafes. Ademais, o artigo 4.3 da convocatoria prevé a posibilidade de ampliar o crédito, como consecuencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria derivada dalgunha das circunstancias previstas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e se for o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda. Isto podería dar lugar á concesión de máis subvencións, de acordo coa orde de prelación das solicitudes que resulte da aplicación dos criterios fixados nas bases que rexen a convocatoria. Conforme o establecido no artigo 4.3, de producirse a ampliación do crédito, publicarase no DOG e na páxina web do Inega (www.inega.gal), sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo para resolver.

Por todo o anterior, sobre a base dos requisitos e condicións previstos na normativa anteriormente citada,

RESOLVO:

Primeiro. Ampliar os fondos do programa 4 e redistribuír por anualidades os fondos destinados aos programas de incentivos 4 e 5 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector residencial, as administracións públicas e o terceiro sector, polo que se modifican os números 1 e 2 do artigo 4 da Resolución do 28 de outubro de 2021, que quedarán redactados do seguinte xeito:

«1. As subvencións previstas nesta convocatoria con cargo aos orzamentos do Inega e coa repartición plurianual recollida na seguinte táboa, financiaranse con fondos europeos procedentes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU. O importe total asignado a esta convocatoria ascende a 40.573.768,80 euros.

Importe das anualidades 2021-2024 (€)

Importe 2025 (€)

Importe 2026 (€)

Importe total (€)

9.667.066,71

27.844.701,79

3.062.000,30

40.573.768,80

O orzamento por partida e anualidade redistribuírase tendo en conta as solicitudes rexistradas conforme o establecido no artigo 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, entre as seguintes partidas: 09.A3.733A.713.0, 09.A3.733A.760.8, 09.A3.733A.770.7, 09.A3.733A.780.5, 09.A3.733A.744.3, 09.A3.733A.745.3 e 09.A3.733A.781.7

2. O crédito máximo segundo a tipoloxía de programa e compoñente será o seguinte:

Programa de actuación

Compoñente

Programa de incentivos 4 Autoconsumo

Compoñente 7

29.468.737,10

Compoñente 8

5. 874.998,00

Compoñente 31

3.800.000,00

Programa de incentivos 5 Almacenamento

Compoñente 8

1.430.033,70

Total

40.573.768,80

Estrutura por tipo de beneficiario dentro do programa 4:

Tipoloxía do/da beneficiario/a

Compoñente

Orzamento total despois da ampliación

Orzamento total

Programa de incentivos 4:

Persoas físicas e comunidades segundo o establecido nos artigos 11.7.a) e e) do Real decreto 477/2021

Compoñente 7

21.769.103,60

39.143.735,10

Compoñente 8

5.607.781,77

Compoñente 31

2.923.153,80

Autónomos e terceiro sector segundo o establecido nos artigos 11.7.c), d) e f)

Compoñente 7

1.028.470,03

Compoñente 8

167.216,24

Compoñente 31

364.575,59

Administración pública segundo o establecido no artigo 17.b)

Compoñente 7

6.671.163,47

Compoñente 8

100.000,00

Compoñente 31

512.270,60

Esta repartición orzamentaria non poderá modificarse entre programas nin entre as categorías de autoconsumo renovable ou almacenamento, sen prexuízo das ampliacións do orzamento que poderían acordarse para cada programa ou categoría, segundo o disposto no artigo 10.10 das bases reguladoras.

Non obstante, dentro de cada programa, poderán ser redistribuídos os orzamentos por tecnoloxía renovable (recollidos nas táboas anteriores) pasados tres meses desde a apertura do prazo de solicitudes para adaptarse a evolución da axuda solicitada en cada unha das epígrafes».

Segundo. Publicar esta resolución no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Instituto Enerxético de Galicia (www.inega.gal), para os efectos previstos no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP).

Terceiro. Esta modificación producirá efectos desde o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2025

Pablo Fernández Vila
Director do Instituto Enerxético de Galicia