Con data 28 de marzo de 2025, o Departamento Territorial de Lugo ditou resolución pola que se outorgan á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A., as autorizacións administrativas previas e de construción, e se recoñece, en concreto, a utilidade pública, da instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA TTL811 no tramo entre os apoios núms. 170-6 e núms. 170-17, no concello de Pedrafita do Cebreiro.
Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.
De acordo co anterior, este departamento territorial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar todas as persoas afectadas coas que non se chegou a un acordo, incluídas na relación de bens e dereitos que se insire como anexo a este acordo e que se expón tamén no taboleiro de anuncios do Concello de Pedrafita do Cebreiro deducida da que se someteu a información pública no diario La Voz de Galicia do 5 de setembro de 2024 e no Diario Oficial de Galicia do 11 de setembro de 2024, para que comparezan o día 9 de outubro de 2025 no Concello de Pedrafita do Cebreiro, sinalado como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación.
Desta convocatoria darase traslado ás persoas interesadas mediante a oportuna citación individual, na cal se sinalarán o día e a hora para o levantamento das actas previas. Así mesmo, no taboleiro de anuncios do Concello de Pedrafita do Cebreiro estará exposta a data do levantamento das actas. Todas as persoas interesadas, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por unha persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, e poderán ir acompañados dos seus peritos e dun notario pola súa conta (artigo 52.3 da Lei de expropiación forzosa).
Así mesmo, advírteselles a todas as persoas interesadas que poderán formular alegacións por escrito neste departamento territorial (rolda da Muralla, 70, Lugo) ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de corrixir os posibles erros cometidos na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa).
Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar (sen prexuízo da correspondente publicación no BOE) e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.
Lugo, 16 de xullo de 2025
Gustavo J. Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
ANEXO
Regulamentación LMTA TTL811 no tramo entre os apoios núms. 170-6 e núms. 170-17, no concello de Pedrafita do Cebreiro.
(Expediente IN407A 2023/280-2).
|
Predio |
Políg. |
Parc. |
Lugar |
Cultivo |
Propietario |
Data de actas |
Hora |
|
2 |
28 |
690 |
Mazmorra |
Monte baixo |
Monte proindiviso de Veiga das Forcas |
9.10.2025 |
12.00 |
