José Frías Rodríguez, con DNI ***0571**, actuando como presidente da Comunidade de Traída de Augas de Mougás-Porto, por este anuncio convoco para o vindeiro día 30 de agosto de 2025, no Centro Cultural de Mougás (Oia-Pontevedra), ás 19.30 horas en primeira convocatoria e ás 20.00 horas en segunda convocatoria, a asemblea xeral conforme a seguinte orde do día e aprobación, de ser o caso, do que proceda:
1. Lectura da acta anterior.
2. Informe do presidente.
3. Contas do ano 2024.
4. Autorización á Xunta Directiva para a solicitude de subvencións.
5. Rogos e preguntas.
Oia, 17 de xullo de 2025
José Frías Rodríguez
Presidente da Comunidade de Traída de Augas de Mougás-Porto
