DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 8 de agosto de 2025 Páx. 43444

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Augas de Paraños

ANUNCIO da convocatoria da asemblea ordinaria de 2025.

Convócanse todos os comuneiros, en segunda convocatoria, á reunión veciñal para o vindeiro sábado 23 de agosto, na Casa do Emigrante, ás 11.00 horas.

Orde do día:

1. Lectura e validación da acta da asemblea xeral de agosto de 2024.

2. Resumo de gastos e ingresos do ano 2024. Estado de contas.

3. Presentación de analítica de control 2025. Analíticas anteriores. Frecuencias analíticas segundo o Real decreto 3/2023.

4. Notificación de requirimento de información para a actualización da inscrición do noso aproveitamento no Rexistro de Augas.

5. Acto de disposición coa comunidade de montes. Incorporación de nova información.

6. Cambio de entidade bancaria. Domiciliación. Número de conta.

7. Cambios e renovación da Directiva actual.

8. Rogos e preguntas.

Carballedo (Cerdedo-Cotobade), 16 de xullo de 2025

Rosa María Salgado Salinas
Presidenta da Comunidade de Augas de Paraños