De acordo co disposto no artigo 87 da Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia, faise público que na asemblea xeral universal de Leirantas, S. Coop. Galega, que tivo lugar o 20 de maio de 2025, acordouse por unanimidade de votos iniciar o procedemento de disolución e liquidación de Leirantas, S. Coop. Galega. Nomeáronse liquidadores a María Florencia del Popolo Calzada e a Ildefonso García de Longoria Ramos.
A Coruña, 14 de xullo de 2025
María Florencia del Popolo Calzada
Ildefonso García de Longoria Ramos
Liquidadores
