DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 8 de agosto de 2025 Páx. 43437

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO do acordo plenario de cambio de uso de terreos.

Mediante o Acordo plenario do 31.7.2025 adoptouse o seguinte acordo en relación co cambio de usos urbanísticos dotacionais das parcelas municipais da Cross no Burgo, conforme o artigo 42.5 da LSG:

«Primeiro. Aprobar o cambio dos usos urbanísticos dotacionais das seguintes parcelas municipais no ámbito da Cross cesións obrigatorias do proxecto de compensación da área A3 O Burgo, en 1997, definidos no planeamento municipal vixente, para amplialos conforme o sinalado na normativa urbanística de aplicación e nos informes técnicos e xurídicos do Servizo de Urbanismo, e a memoria informativa e xustificativa do cambio de uso dotacional PP SUNP A-3 Cross que constan no expediente:

– Parcela urbana dotacional de 3.300 m2 (núm. inventario: 234; código: IN1034; referencia catastral núm.: 1664403NH5916S0001OR). Novos usos:

Dotacional público-Equipamentos:

– SC Sociocultural.

– AI Administrativo-institucional.

– ED Educativo.

– DE Deportivo.

– DM Dotacional múltiple.

– Parcela urbana dotacional de 12.466 m2 (núm. inventario: 235; código: IN1035; referencia catastral núm.: 1664402NH5916S0001MR). Novos usos:

Dotacional público-Equipamentos:

– SC Sociocultural.

– AI Administrativo-institucional.

– D Educativo.

– DE Deportivo.

– DM Dotacional múltiple.

Segundo. Publicar o presente acordo de cambio de usos urbanísticos dotacionais no BOP da Coruña, no DOG e no taboleiro de edictos municipal, e dar traslado deste á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, e á Dirección Xeral do Patrimonio, así como aos servicios municipais de Urbanismo e Patrimonio, para os efectos oportunos.

(….)»

Culleredo, 1 de agosto de 2025

José Ramón Rioboo Castro
Alcalde