DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 8 de agosto de 2025 Páx. 43439

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Moaña

ANUNCIO de aprobación das bases que regularán os procesos selectivos para cubrir prazas e postos de traballo vacantes no cadro de persoal, incluídos nas ofertas de emprego público dos anos 2022, 2023 e 2024.

Na Resolución de Alcaldía número 2025-0666, do 7 de xullo de 2025, aprobáronse as bases que regularán os procesos selectivos para cubrir prazas e postos de traballo vacantes no cadro de persoal do Concello de Moaña, incluidos nas ofertas de emprego público dos anos 2022, 2023 e 2024 e que a continuación indicamos:

Persoal funcionario:

• 2 administrativos/as.

• 1 bibliotecario/a.

• 1 arquitecto/a técnico/a.

Persoal laboral fixo:

• 1 capataz.

• 1 oficial 1ª de mantemento.

• 3 limpadores/as.

• 1 oficial 1ª albanel.

O período de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio destas bases no Boletín Oficial del Estado.

A bases íntegras publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Moaña:

https://concellodemoana.sedelectronica.gal

Moaña, 14 de xullo de 2025

Leticia Santos Paz
Alcaldesa