DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 8 de agosto de 2025 Páx. 43380

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boborás

ANUNCIO do 4 de xullo de 2025 de notificación ás persoas titulares descoñecidas do requirimento para lembrar o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e de retirada de especies arbóreas.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que non se pode determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa ou se ignora o lugar de notificación, os titulares dos bens que se relacionan a seguir son descoñecidos e resulta imposible a súa notificación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa, e retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Data da acta
de inspección

Ref. catastral

Localización/polígono/parcela

Persona responsable

26.6.2025

32014A085004180000GI

Souto, Brués, Boborás, pol. 85, parc. 418

Descoñecida

26.6.2025

32014A085004190000GJ

Souto, Brués, Boborás, pol. 85, parc. 419

Descoñecida

26.6.2025

32014A085004250000GZ

Souto, Brués, Boborás, pol. 85, parc. 425

Descoñecida

26.6.2025

32014A085004270000GH

Souto, Brués, Boborás, pol. 85, parc. 427

Descoñecida

26.6.2025

32014A085006720000Gk

Souto, Brués, Boborás, pol. 85, parc. 672

Descoñecida

26.6.2025

32014A085006550000GA

Souto, Brués, Boborás, pol. 85, parc. 655

Descoñecida

26.6.2025

32014A085004240000GS

Souto, Brués, Boborás, pol. 85, parc. 424

Descoñecida

26.6.2025

32014A085004280000GW

Souto, Brués, Boborás, pol. 85, parc. 428

Descoñecida

26.6.2025

32014A085004370000GP

Souto, Brués, Boborás, pol. 85, parc. 437

Descoñecida

26.6.2025

32014A085004380000GL

Souto, Brués, Boborás, pol. 85, parc. 438

Descoñecida

26.6.2025

32014A026000210000GZ

Almuzara, Xuvencos, Boborás, pol. 26, parc. 21

Descoñecida

26.6.2025

32014D50100899000LT

Barro, Brués, Boborás, pol. 501, parc. 899

Descoñecida

26.6.2025

32014B501001500000IS

Fontela, Brués, Boborás, pol. 501, parc. 150

Descoñecida

26.6.2025

32014B501009900000IB

Barro, Brués, Boborás, pol. 501, parc. 990

Descoñecida

26.6.2025

32014B501008690000IM

Barro, Brués, Boborás, pol. 501, parc. 869

Descoñecida

26.6.2025

32014B501008910000IW

Barro, Brués, Boborás, pol. 501, parc. 891

Descoñecida

26.6.2025

32014B501008710000IF

Barro, Brués, Boborás, pol. 501, parc. 871

Descoñecida

26.6.2025

32014B501008720000IM

Barro, Brués, Boborás, pol. 501, parc. 872

Descoñecida

26.6.2025

32014B501008720000IM

Barro, Brués, Boborás, pol. 501, parc. 872

Descoñecida

26.6.2025

32014A044000670000GQ

Requeixo, Pazos de Arenteiro, pol. 44, parc. 67

Descoñecida

26.6.2025

32014A044000710000GP

Requeixo, Pazos de Arenteiro, pol. 44, parc. 71

Descoñecida

26.6.2025

32014A044000760000GO

Requeixo, Pazos de Arenteiro, pol. 44, parc. 76

Descoñecida

26.6.2025

32014A044000770000GK

Requeixo, Pazos de Arenteiro, pol. 44, parc. 77

Descoñecida

26.6.2025

32014A044001080000GR

Requeixo, Pazos de Arenteiro, pol. 44, parc. 108

Descoñecida

26.6.2025

32014A044000780000GK

Requeixo, Pazos de Arenteiro, pol. 44, parc. 78

Descoñecida

26.6.2025

32014A044000790000GK

Requeixo, Pazos de Arenteiro, pol. 44, parc. 79

Descoñecida

26.6.2025

32014A044000380000GT

Requeixo, Pazos de Arenteiro, pol. 44, parc. 38

Descoñecida

26.6.2025

32014A044000350000GQ

Requeixo, Pazos de Arenteiro, pol. 44, parc. 35

Descoñecida

26.6.2025

32014A044000360000GP

Requeixo, Pazos de Arenteiro, pol. 44, parc. 36

Descoñecida

26.6.2025

32014A044000320000GB

Requeixo, Pazos de Arenteiro, pol. 44, parc. 32

Descoñecida

26.6.2025

32014A04400111000GR

Requeixo, Pazos de Arenteiro, pol. 44, par. 111

Descoñecida

26.6.2025

32014A026005800000GL

Boborás, Xuvencos, pol. 26, parc. 580

Descoñecida

26.6.2025

32014A026005740000GG

Boborás, Xuvencos, pol. 26, parc. 574

Descoñecida

26.6.2025

32014A044001130000GX

Requeixo, Pazos de Arenteiro, pol. 44, parc. 113

Descoñecida

26.6.2025

32014A044001160000GE

Requeixo, Pazos de Arenteiro, pol. 44, parc. 116

Descoñecida

26.6.2025

32014A04400090000GS

Requeixo, Pazos de Arenteiro, pol. 44, parc. 90

Descoñecida

1º. En virtude do que antecede, comunícaselle que na acta de inspección de referencia se comprobou que na referida parcela se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario e para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

Lémbraselles ás persoas que resulten responsables consonte o artigo 21.ter que deben proceder á execución da xestión da biomasa no ámbito das redes de faixas de xestión de biomasa, incluída, de ser o caso, a retirada de especies arbóreas, antes de que remate o mes de maio de cada ano. Ademais, no caso de persistir no incumprimento, as obrigas de xestión para os anos seguintes deberá estar completada antes do primeiro día de abril.

2º. No caso de persistencia no incumprimento transcorrido o devandito prazo, poderanse impoñer multas coercitivas reiteradas cada 3 meses, cuxa contía será de 900,00 € por hectáreas de superficie de parcela non xestionada, ou a parte proporcional se a área fora inferior, mentres persista o incumprimento, ou ben proceder á execución subsidiaria a través da realización pola Administración das actuacións materiais necesarias, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas neste aspecto. En todo caso, a contía mínima que se vai impoñer por multa coercitiva será de 100,00 € con independencia das hectáreas que integren a superficie da parcela non xestionada, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión da biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de mereceren a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

3º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o inicio das actuacións materiais necesarias pola Administración poderase verificar en calquera momento transcorrido o prazo máximo concedido, dentro dos catro anos posteriores, atendidas as súas posibilidades materiais e orzamentarias de actuación, sempre que se manteña o incumprimento. O Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción desde o momento en que se verifique o incumprimento da obrigación de xestión da biomasa nos prazos sinalados no artigo 22 da Lei 3/2007, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso. A liquidación definitiva aprobarase unha vez finalizados os traballos de execución subsidiaria pola Administración actuante que desenvolva as actuacións materiais de execución subsidiaria e será notificada á persoa responsable para o seu pagamento.

Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese nunha cantidade estimada que se mostra na seguinte táboa:

Nº de expediente

Ref. catastral

ha afectadas por execución subsidiaria

Estimación de
prezo por ha

Liquidación provisional

274/2025

32014A08500418

833,94 m2

3.953,15 €

329,68 €

274/2025

32014A08500419

281,80 m2

3.953,15 €

111,39 €

274/2025

3201A08500425

118,50 m2

3.953,15 €

46,84 €

274/2025

32014A08500427

224,00 m2

3.953,15 €

88,55 €

274/2025

32014A08500672

870,80 m2

3.953,15 €

344,24 €

274/2025

32014A08500655

225,20 m2

3.953,15 €

89,02 €

274/2025

32014A08500424

235,60 m2

3.953,15 €

93,13 €

274/2025

32014A08500428

188,05 m2

3.953,15 €

74,33 €

274/2025

32014A08500437

209,80 m2

3.953,15 €

82,93 €

274/2025

32014A08500438

166,97 m2

3.953,15 €

66,00 €

129/2025

32014A02600021

479,87 m2

3.953,15 €

189,69 €

274/2025

32014D50100899

1.315,27 m2

3.953,15 €

519,94 €

274/2025

32014B50100150

534,16 m2

3.953,15 €

211,16 €

274/2025

32014B50100990

295,13 m2

3.953,15 €

116,66 €

274/2025

32014B50100869

1.888,93 m2

3.953,15 €

746,86 €

274/2025

32014B50100891

1.053,89 m2

3.953,15 €

378,67 €

274/2025

32014B50100871

126,95 m2

3.953,15 €

50,18 €

274/2025

32014B50100872

67,45 m2

3.953,15 €

26,66 €

274/2025

32014A04400067

164,50 m2

3.953,15 €

65,02 €

274/2025

32014A04400071

328,50 m2

3.953,15 €

129,86 €

274/2025

32014A04400076

238,60 m2

3.953,15 €

94,32 €

274/2025

32014A04400077

238,60 m2

3.953,15 €

133,60 €

274/2025

32014A04400108

711,30 m2

3.953,15 €

281,87 €

274/2025

32014A04400078

99,41 m2

3.953,15 €

32,29 €

274/2025

32014A04400079

208,63 m2

3.953,15 €

82,47 €

274/2025

32014A04400038

342,43 m2

3.953,15 €

135,36 €

274/2025

32014A04400035

84,40 m2

3.953,15 €

33,36 €

274/2025

32014A04400036

87,82 m2

3.953,15 €

34,71 €

274/2025

32014A04400032

337,95 m2

3.953,15 €

133,59 €

274/2025

32014A04400111

229,74 m2

3.953,15 €

90,81 €

251/2025

32014A02600580

108,24 m2

3.953,15 €

42,78 €

251/2025

32014A02600574

189,37 m2

3.953,15 €

74,86 €

274/2025

32014A04400113

436,57 m2

3.953,15 €

172,58 €

274/2025

32014A04400116

553,52 m2

3.953,15 €

218,81 €

274/2025

32014A04400090

103,97 m2

3.953,15 €

41,10 €

4º. A falta de cumprimento das obrigas indicadas é constitutiva de infracción administrativa, polo que dará lugar ao comezo do procedemento sancionador que corresponda, no cal poderán adoptarse medidas de carácter provisional consistentes en traballos preventivos de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas co obxectivo de evitar os incendios forestais e comiso das indicadas especies, segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007.

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a. A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b. O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c. A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais ao respecto, para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, será competencia do correspondente concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves e moi graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21.ter.

b) Cualificación da infracción: infracción leve (artigo 51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impor no caso de infracción leve: 1.000,00 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007). No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000,00 € (artigo 74.b).

d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.

Boborás, 4 de xullo do 2025

Ana Patricia Torres Madureira
Alcaldesa presidenta