DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 11 de agosto de 2025 Páx. 43480

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, pola que se publica a Resolución do 30 de xullo de 2025 que pon fin ao procedemento de concesión das subvencións da provincia de Ourense convocadas mediante a Orde do 8 de abril de 2025, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento SI437A).

Con data do 28 de abril de 2025 publícase no Diario Oficial de Galicia número 80 a Orde do 8 de abril de 2025, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento SI437A).

A través da dita orde establécense as bases reguladoras e a convocatoria, para o ano 2025, das axudas dirixidas ás asociacións de mulleres e ás federacións constituídas por estas, coa finalidade de fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas a través das seguintes liñas:

a) Liña 1: consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar os gastos correntes que orixine o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e das súas federacións.

b) Liña 2: promoción de actuacións e actividades singularizadas en materia de igualdade, de prevención da violencia de xénero e de acompañamento das vítimas, con especial incidencia nas mulleres rurais, mulleres maiores e/ou mulleres en situación de vulnerabilidade, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Para o financiamento das axudas previstas nesta convocatoria destínase crédito por importe total de trescentos trinta mil euros (330.000 €) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025 con cargo ás aplicacións orzamentarias seguintes:

Liña

Aplicación

Cód. proxecto

Importe

Liña 1

08.07.313B.480.0

2016 00020

180.000,00 €

Liña 2

08.07.313D.480.2

2025 00050

150.000,00 €

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde, concretamente no Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Política Social e Igualdade segundo a sede social das asociacións solicitantes, pola unidade administrativa tramitadora e encargada da instrución do procedemento, así como as emendas feitas, neste caso pola unidade de igualdade do dito departamento territorial, unha vez comprobado que todas cumprían cos requisitos establecidos e coa documentación necesaria, estas foron remitidas á Comisión de Valoración, órgano creado no artigo 13.2.

O dito órgano instrutor, tras a baremación e á vista do informe realizado pola Comisión de Valoración, formulou a proposta de resolución que, como establece o artigo 15.1, elevou ao órgano competente, á persoa titular do Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Política Social e Igualdade, que, en virtude da competencia delegada na disposición adicional única para resolver os procedementos de concesión, emite a correspondente resolución con data do 30 de xullo de 2025.

Segundo o artigo 15.3, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións destas subvencións serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, as cales producirán os mesmos efectos da notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do contido íntegro da Resolución do 30 de xullo de 2025, do Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Política Social e Igualdade, ditada no seu ámbito provincial ao abeiro da Orde do 8 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento SI437A), e que se xunta a esta resolución no anexo.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 30 de xullo de 2025, do Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Política Social e Igualdade, pon fin á vía administrativa e que contra ela poderá interpoñerse o recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Non se pode interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

Ourense, 31 de xullo de 2025

O director territorial de Ourense
P.A. (Decreto 139/2024 do 20.5.2024; DOG, núm. 101, do 27 de maio)
Marta Conde Veloso
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa

ANEXO

Resolución do 30 de xullo de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, que pon fin ao procedemento de concesión das subvencións na provincia de Ourense convocadas mediante a Orde do 8 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o Asociacionismo e a participación das mulleres, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento SI437A).

Antecedentes:

Primeiro. Con data do 28 de abril de 2025, publícase no Diario Oficial de Galicia a Orde do 8 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento SI437A).

Segundo. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar, no ano 2025, axudas dirixidas ás asociacións de mulleres e ás federacións constituídas por estas, coa finalidade de fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas a través das seguintes liñas: liña 1 para a consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar os gastos correntes que orixine o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e das súas federacións, e liña 2 para a promoción de actuacións e actividades singularizadas en materia de igualdade, de prevención da violencia de xénero e de acompañamento das vítimas, con especial incidencia nas mulleres rurais, mulleres maiores e/ou mulleres en situación de vulnerabilidade, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Terceiro. De acordo co establecido no artigo 1.3 das bases reguladoras, o procedemento para a concesión das subvencións recollidas nesta orde tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, de acordo co sinalado no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cuarto. De acordo co establecido no artigo 13.4 das bases reguladoras, avaliadas as solicitudes no ámbito provincial de Ourense, seguindo os criterios establecidos no artigo 14, a Comisión de Valoración emitiu un informe segundo o cal a unidade de igualdade do Departamento Territorial de Ourense, órgano instrutor, formulou a proposta de resolución ao órgano competente para resolver e na cal se inclúe a proposta de concesión de subvencións segundo a orde de puntuación obtida polas solicitudes e polo importe da axuda correspondente ata esgotar o crédito dispoñible. Así mesmo, propón os expedientes que quedaran en lista de espera por terse esgotado o crédito dispoñible, para seren atendidos no caso de se producir algunha renuncia ou un incremento do crédito orzamentario destinado a estas axudas, e os expedientes aos cales se lles denegan estas axudas, por desistencia expresa, por non cumpriren os requisitos establecidos na convocatoria, ou por non achegaren a documentación requirida no prazo establecido, segundo o establecido no artigo 68.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Quinto. De acordo co establecido no artigo 15.1, tras a proposta da resolución a persoa titular do Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Política Social e Igualdade resolverá por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade.

Sexto. Segundo o artigo 15.3 das bases reguladoras, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a resolución destas subvencións será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación. Nesta publicación especificaranse a data da convocatoria, a entidade beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como as solicitudes desestimadas, con expresión sucinta dos motivos da desestimación.

Por todo o anterior, tras o informe de baremación e a proposta emitida pola unidade de igualdade do Departamento Territorial de Ourense como órgano instrutor, unha vez fiscalizado o gasto de conformidade coa Intervención Delegada, o director do dito departamento territorial de Ourense da Consellería de Política Social e Igualdade, en virtude da competencia delegada na disposición adicional única para resolver os procedementos de concesión,

RESOLVE:

Primeiro. Concederlles as subvencións para o financiamento do programa SI437A ás asociacións con sede social na provincia de Ourense que se relacionan no anexo I, como consecuencia da aplicación dos criterios e pautas de valoración establecidas no artigo 14 das bases reguladoras e segundo o establecido no artigo 5.4, pola contía e para o desenvolvemento da actuación que figuran no anexo.

Segundo. Incluír na lista de espera as solicitudes que se indican no anexo II segundo a orde de puntuación e que, de ser o caso, poderán ser atendidas a través do crédito que quede sen comprometer por producirse algunha renuncia ou por un incremento do crédito orzamentario dispoñible destinado a estas axudas. Para estes efectos, poderán realizarse sucesivas propostas de resolución.

Terceiro. Excluír e declarar desistidas as solicitudes que se relacionan no anexo III, con indicación da causa específica, por desistencia expresa, por non cumpriren o requisito de emenda e/ou achega dos documentos preceptivos no prazo establecido, segundo o disposto no artigo 12.1 das bases reguladoras, ou ben por non cumpriren algún dos requisitos establecidos nas referidas bases.

Cuarto. Informar as asociacións de mulleres e as federacións constituídas por estas, beneficiarias das subvencións con sede social na provincia de Ourense que figuran no anexo I desta resolución, do seguinte:

a) As axudas da liña 1 están financiadas con fondos propios libres da Comunidade Autónoma de Galicia e as axudas da liña 2 están financiadas con fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

b) De acordo co establecido no artigo 3 das bases reguladoras, estas axudas son compatibles con outras subvencións, axudas e ingresos, ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou entidades públicas ou privadas.

O importe da subvención concedida non poderá superar en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas, o custo da actuación ou actividade que vai desenvolver a entidade solicitante, nin o importe total do correspondente concepto de gasto.

No caso de que o conxunto das axudas supere o custo das actividades ou gastos subvencionables, esta axuda reducirase na cantidade necesaria ata acadar o cumprimento do establecido anteriormente.

c) As entidades beneficiarias deberán cumprir, en todo caso, cos requisitos e obrigas exixidos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como coas condicións e obrigas establecidas no artigo 20 das bases reguladoras e demais que resulten exixibles segundo a normativa de aplicación.

d) No artigo 22 das bases reguladoras establécense os criterios de gradación dos posibles incumprimentos que determinan, de ser o caso, a perda do dereito ao cobramento da subvención, a minoración da cantidade concedida ou, de ser o caso, o reintegro total ou parcial da axuda percibida.

e) Unha vez publicada a resolución de concesión da subvención, a entidade beneficiaria deberá comunicar no prazo de dez (10) días a súa aceptación e comprometerse a executar o programa, medida ou actuación subvencionada no prazo e nas condicións establecidos na convocatoria. No caso de non comunicalo no prazo indicado, entenderase tacitamente aceptada.

f) De acordo co establecido no artigo 19 das bases reguladoras, o importe da subvención farase efectivo nun pagamento único, logo da acreditación da realización da actuación ou actividade e da presentación da documentación xustificativa.

g) Para poderen ser tidos en conta, os gastos deben estar xerados no período comprendido entre o 1 de outubro de 2024 e o 30 de setembro de 2025, para os gastos da liña 1, e entre o 1 de decembro de 2024 e o 30 de novembro de 2025, para a liña 2, e estar efectivamente pagados, como máximo, na data de finalización do prazo de xustificación, o 16 de outubro 2025 para a liña 1 e o 11 de decembro para a liña 2.

h) As entidades beneficiarias deberán presentar a documentación xustificativa establecida no artigo 18 coa data límite do 16 de outubro de 2025 para a liña 1 e do11 de decembro para a liña 2.

Quinto. Notificarlles ás persoas interesadas esta resolución, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2025. A conselleira de Política Social e Igualdade. P.D. (Disposición adicional única da Orde do 8.4.2025; DOG núm. 80, do 28 de abril). O director territorial de Ourense da Consellería de Política Social e Igualdade. P.A. (Decreto 139/2024 do 20.5.2024; DOG, núm. 101, do 27 de maio) Marta Conde Veloso, Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa.

ANEXO I

Concesións

Número

de expediente

Asociación/federación

NIF

Liña e denominación do programa

Custo total

actuación (anexo I)

Importe

subvención(€)

Total puntos

Liña 1

SI437A-2025-00000014-03

Federación provincial de mulleres rurais de Ourense

G32237869

Liña 1

5.380,30

5.000,00

70

SI437A-2025-00000002-03

Asociación Amigos da cultura e do ocio Aires Nosos

G32369696

Liña 1

5.600,00

5.000,00

68

SI437A-2025-00000003-03

Asociación cultural Os Tres Reinos

G32345274

Liña 1

5.000,00

5.000,00

63

SI437A-2025-00000010-03

Asociación de viúvas María Andrea

G32014334

Liña 1

6.000,00

5.000,00

61

SI437A-2025-00000028-03

Asociación de mulleres Algueirada de Manzaneda

G32354227

Liña 1

5.000,00

4.956,51

56,1

SI437A-2025-00000013-03

Asociación de mulleres rurais O Colibrí

G75547497

Liña 1

400,00

400,00

43,4

SI437A-2025-00000046-03

Asociación Participacción

G32477127

Liña 1

2.329,60

2.173,34

40

SI437A-2025-00000001-03

Asociación centro atencion a vítimas de agresions sexuais de Galicia CAVAS

G72568454

Liña 1

5.000,00

3.445,69

39

SI437A-2025-00000049-03

Asociación de mulleres rurais Santa Eulalia de Montes

G32378911

Liña 1

300,00

300,00

36,9

SI437A-2025-00000016-03

Asociación de mulleres rurais Fonte do Sapo

G32387698

Liña 1

720,20

720,20

35,5

SI437A-2025-00000012-03

Asociación de mulleres rurais San Pedro

G32375909

Liña 1

250,00

250,00

33,9

Liña 2

SI437A-2025-00000042-03

Asociación mulleres rurais Xestas e Toxos

G32245342

Liña 2: Programa de apoderamento e participación activa das mulleres no rural

8.810,00

6.000,00

87

SI437A-2025-00000048-03

Asociación de mulleres rurais O Cruceiro

G32258881

Liña 2:Programa de apoderamento e participación activa das mulleres no rural

8.972,00

6.000,00

86

SI437A-2025-00000019-03

Asociación de mulleres rurais Nosa Señora do Portal

G33063461

Liña 2: Programa de apoderamento e participación activa das mulleres no rural

4.000,00

2.400,00

82

SI437A-2025-00000051-03

Asociación de mulleres rurais Santa Isabel

G32176083

Liña 2: Sabor a coidados-obradoiros de apoderamento gastronómico

3.000,00

2.700,00

82

SI437A-2025-00000004-03

Asociación de mulleres rurais Os Picotiños

G32303877

Liña 2: Empoderamento activo: obradoiro autodefensa e movemento constante

4.428,60

3.275,00

82

SI437A-2025-00000037-03

Asociación de mulleres rurais de Arnoia

G32181703

Liña 2: Programa de apoderamento e participación activa das mulleres no rural

5.845,00

5.380,06

81

SI437A-2025-00000038-03

Asociación de mulleres rurais Cruceiro Gordo

G32471971

Liña 2: Programa de apoderamento e participación activa das mulleres no rural

5.185,66

4.385,66

81

SI437A-2025-00000041-03

Asociación mulleres rurais Entre Nós

G32233512

Liña 2: Programa de apoderamento e participación activa das mulleres no rural

7.471,40

6.000,00

81

SI437A-2025-00000017-03

Asociación mulleres rurais Silvardeira

G32346009

Liña 2: Programa de apoderamento e participación activa das mulleres no rural

3.150,00

2.350,00

80

SI437A-2025-00000015-03

Asociación mulleres rurais Pais do Riós

G32284747

Liña 2: Obradoiro de pilates I e III

3.000,00

2.250,00

79,8

SI437A-2025-00000035-03

Asociación Escola Rural de Saúde da Limia

G32426025

Liña 2: Camiños pola igualdade no rural

8.080,00

6.000,00

79

SI437A-2025-00000006-03

Asociación Galega de mulleres rurais Agamur

G32500621

Liña 2: Actuacións para o apoderamento e a alfabetización dixital bancaria

6.786,00

6.000,00

79

SI437A-2025-00000039-03

Asociación mulleres rurais Feces de Abaixo As Raiotas

G32502353

Liña 2: Programa de apoderamento e participación activa das mulleres no rural

6.150,00

5.283,41

75,6

SI437A-2025-00000036-03

Asociación de mulleres rurais

As Xeitosiñas

G32288953

Liña 2: Programa de apoderamento e participación activa das mulleres no rural

3.252,95

2.432,95

74,8

SI437A-2025-00000022-03

Asociación San Salvador da Roza

G32292807

Liña 2: Programa de apoderamento e participación activa das mulleres no rural

1.512,50

812,50

74,6

SI437A-2025-00000020-03

Asociación mulleres rurais mulleres rurais e de Consumo 25 de Xullo

G32282949

Liña 2: Programa de empoderamento e participación activa das mulleres no rural

2.940,00

2.205,00

73

SI437A-2025-00000047-03

Asociación de mulleres rurais

As Temoeiras

G32367542

Liña 2: Programa de empoderamento e participación activa das mulleres no rural

6.945,00

5.410,00

73

SI437A-2025-00000055-03

Asociación mulleres rurais Rubideira

G32255580

Liña 2: Programa de empoderamento e participación activa das mulleres no rural

1.500,00

765,00

72

SI437A-2025-00000008-03

Asociación de mulleres rurais Monterrei

G32368227

Liña 2: Programa de empoderamento e participación activa das mulleres no rural

1.524,60

784,60

71,2

SI437A-2025-00000031-03

Asociación mulleres rurais e Consumo Tres De Maio

G32213704

Liña 2: Programa de apoderamento e participación activa das mulleres no rural

5.687,00

4.072,00

71,2

SI437A-2025-00000029-03

Asociación mulleres rurais Fonte do Ouro

G32480675

Liña 2: Programa de adquisición competencias e habilidades básicas para maior autonomía das mulleres

7.500,00

5.900,00

71

SI437A-2025-00000033-03

Asociación mulleres rurais de Castrelo de Miño

G44797348

Liña 2: Programa de apoderamento e participación activa das mulleres no rural

3.855,00

2.730,00

71

SI437A-2025-00000032-03

Asociación de mulleres rurais Limicas

G32501066

Liña 2: Programa de apoderamento e participación activa das mulleres no rural

3.000,00

765,00

70,8

SI437A-2025-00000043-03

Asociación de Mulleres Arracada

G32305377

Liña 2: Programa de apoderamento e participación activa das mulleres no rural

7.535,00

6.000,00

70,4

SI437A-2025-00000025-03

Asociación mulleres rurais San Miguel Espinoso

G32292435

Liña 2: Programa de apoderamento e participación activa das mulleres no rural

1.990,00

1.255,00

70,2

SI437A-2025-00000044-03

Asociación de mulleres rurais

O Patio de Melo

G32411670

Liña 2: Programa de apoderamento e participación activa das mulleres no rural

6.483,91

4.948,91

69,6

SI437A-2025-00000024-03

Asociación mulleres rurais Sarreaus

G32278756

Liña 2: Programa de apoderamento e participación activa das mulleres no rural

1.500,00

389,00

69,4

SI437A-2025-00000053-03

Asociación Mulleres de Queixa

G75615039

Liña 2: Programa de apoderamento e participación activa das mulleres no rural

2.455,90

1.449,90

69,4

SI437A-2025-00000050-03

Asociación A Casiña Artesanal de Coles

G32459976

Liña 2: Empoderamento da muller rural (obradoiro de baile, pintura a óleo, técnicas de palillos)

986,28

773,33

69

SI437A-2025-00000026-03

Asociación de mulleres rurais Flor da Xesta

G32487118

Liña 2: Programa de apoderamento e participación activa das mulleres no rural

3.672,00

1.280,00

69

SI437A-2025-00000021-03

Asociación mulleres rurais Adiante

G32140741

Liña 2: Programa de apoderamento e participación activa das mulleres no rural

1.500,00

765,00

68,8

SI437A-2025-00000018-03

Asociación mulleres rurais As Abelairas

G32369605

Liña 2: Programa de apoderamento e participación activa das mulleres no rural

1.800,00

548,20

68,4

SI437A-2025-00000052-03

Asociación de mulleres rurais da Chaira

G19813559

Liña 2: Programa de apoderamento e participación activa das mulleres no rural

4.501,20

655,99

68

ANEXO II

Lista de espera

Nº lista de espera

Número de

expediente

Asociación/federación

NIF

Liña e denominación do programa

Custo total da actuación (anexo I)

Total puntos

Importe que lle
correspondería segundo a

puntuación (€)

2

SI437A-2025-00000030-03

Asociación mulleres rurais Pegureiras

G32500357

Liña 2: Programa de apoderamento e participación activa das mulleres no rural

2.795,60

67,8

2.060,60

4

SI437A-2025-00000007-03

Asociación cultural social deportiva lúdica ecolóxica da muller de inclusión do rural Vive Vilariño

G32504508

Liña 2: Nós Xuntas

6.000,00

65

4.431,82

5

SI437A-2025-00000005-03

Asociación Centro de Animación Rural Mulleres da Veiga

G32218612

Liña 2: Axudas económicas destinadas a fomentar o Asociacionismo e a participación das mulleres

6.000,00

64,6

4.404,55

6

SI437A-2025-00000045-03

Asociación de mulleres rurais A Esperanza

G32369951

Liña 2: Programa de apoderamento e participación activa das mulleres no rural

900,00

64,4

658,64

7

SI437A-2025-00000023-03

Asociación mulleres rurais Toural

G32399792

Liña 2: Programa de apoderamento e participación activa das mulleres no rural

1.500,00

63

382,50

8

SI437A-2025-00000027-03

Santa María de Tamagos

G32362741

Liña 2: Programa de apoderamento e participación activa das mulleres no rural

2.250,00

62,6

885,25

9

SI437A-2025-00000011-03

Asociación de mulleres rurais O Recuncho

G32287336

Liña 2: Programa de apoderamento e participación activa das mulleres no rural

2.000,00

61,6

680,00

11

SI437A-2025-00000009-03

Asociación de mulleres rurais As Candelas

G32298168

Liña 2: Programa de apoderamento e participación activa das mulleres no rural

1.500,00

57,4

765,00

ANEXO III

Solicitudes excluídas e desistidas

Nº de expediente

Liña

Nome asociación/federación

NIF

Causas de denegación

SI437A-2025-00000034-03

Liña 2

Asociación San Vitoiro de Cernego

G70820527

Incumprimento dos requisitos recollidos no artigo 4.1.c) e 4.1.f)

SI437A-2025-00000040-03

Liña 1

Afammer Ourense

G32302432

Incumprimento dos requisitos recollidos no artigo 4.1.c)

SI437A-2025-00000054-03

Liña 1

Asociación de mulleres rurais do Outeiro do Forte

G22485064

Incumprimento dos requisitos recollidos no artigo 4.1.c)