Con data do 28 de abril de 2025, publícase no Diario Oficial de Galicia número 80 a Orde do 8 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento SI437A).
A través da dita orde establécense as bases reguladoras e a convocatoria, para o ano 2025, das axudas dirixidas ás asociacións de mulleres e ás federacións constituídas por estas, coa finalidade de fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas a través das seguintes liñas:
a) Liña 1: consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar os gastos correntes que orixine o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e das súas federacións.
b) Liña 2: promoción de actuacións e actividades singularizadas en materia de igualdade, de prevención da violencia de xénero e de acompañamento das vítimas, con especial incidencia nas mulleres rurais, mulleres maiores e/ou mulleres en situación de vulnerabilidade, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
Para o financiamento das axudas previstas nesta convocatoria destínase crédito por importe total de trescentos trinta mil euros (330.000€) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025 con cargo ás aplicacións orzamentarias seguintes:
|
Liña |
Aplicación |
Cód. proxecto |
Importe |
|
Liña 1 |
08.07.313B.480.0 |
2016 00020 |
180.000,00 € |
|
Liña 2 |
08.07.313D.480.2 |
2025 00050 |
150.000,00 € |
Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde, concretamente no Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Política Social e Igualdade segundo a sede social das asociacións solicitantes, pola unidade administrativa tramitadora e encargada da instrución do procedemento, así como as emendas feitas, neste caso pola unidade de igualdade do dito departamento territorial, unha vez comprobado que todas cumprían cos requisitos establecidos e coa documentación necesaria, estas foron remitidas á Comisión de Valoración, órgano creado no artigo 13.2.
O dito órgano instrutor, tras a baremación e á vista do informe realizado pola Comisión de Valoración, formulou a proposta de resolución que, como establece o artigo 15.1, elevou ao órgano competente, á persoa titular do Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Política Social e Igualdade, que, en virtude da competencia delegada na disposición adicional única para resolver os procedementos de concesión, emite a correspondente resolución con data do 30 de xullo de 2025.
Segundo o artigo 15.3, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións destas subvencións serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, as cales producirán os mesmos efectos da notificación.
Polo exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do contido íntegro da Resolución do 30 de xullo de 2025, do Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Política Social e Igualdade, ditada no seu ámbito provincial ao abeiro da Orde do 8 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento SI437A), e que se xunta a esta resolución no anexo.
Segundo. Comunicar que a Resolución do 30 de xullo de 2025, do Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Política Social e Igualdade, pon fin á vía administrativa e que contra ela poderá interpoñerse o recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Non se pode interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.
Lugo, 31 de xullo de 2025
O director territorial de Lugo
P.A. (Decreto 139/2024 do 20.5.2024; DOG, núm. 101, do 27 de maio)
Sandra Colmenares Díaz
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa
ANEXO
Resolución do 30 de xullo de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, que pon fin ao procedemento de concesión das subvencións na provincia de Lugo convocadas mediante a Orde do 8 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento SI437A).
Antecedentes:
Primeiro. Con data do 28 de abril de 2025 publícase no Diario Oficial de Galicia a Orde do 8 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento SI437A).
Segundo. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar, no ano 2025, axudas dirixidas ás asociacións de mulleres e ás federacións constituídas por estas, coa finalidade de fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas a través das seguintes liñas: liña 1 para a consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar os gastos correntes que orixine o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e das súas federacións, e liña 2 para a promoción de actuacións e actividades singularizadas en materia de igualdade, de prevención da violencia de xénero e de acompañamento das vítimas, con especial incidencia nas mulleres rurais, mulleres maiores e/ou mulleres en situación de vulnerabilidade, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
Terceiro. De acordo co establecido no artigo 1.3 das bases reguladoras, o procedemento para a concesión das subvencións recollidas nesta orde tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, de acordo co sinalado no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Cuarto. De acordo co establecido no artigo 13.4 das bases reguladoras, avaliadas as solicitudes no ámbito provincial de Lugo, seguindo os criterios establecidos no artigo 14, a Comisión de Valoración emitiu un informe segundo o cal a unidade de igualdade do Departamento Territorial de Lugo, órgano instrutor, formulou a proposta de resolución ao órgano competente para resolver e na cal se inclúe a proposta de concesión de subvencións segundo a orde de puntuación obtida polas solicitudes e polo importe da axuda correspondente ata esgotar o crédito dispoñible. Así mesmo, propón os expedientes que quedaran en lista de espera por terse esgotado o crédito dispoñible, para seren atendidos no caso de se producir algunha renuncia ou un incremento do crédito orzamentario destinado a estas axudas, e os expedientes aos cales se lles denegan estas axudas, por desistencia expresa, por non cumpriren os requisitos establecidos na convocatoria, ou por non achegaren a documentación requirida no prazo establecido, segundo o establecido no artigo 68.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Quinto. De acordo co establecido no artigo 15.1, tras a proposta da resolución a persoa titular do Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Política Social e Igualdade resolverá por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade.
Sexto. Segundo o artigo 15.3 das bases reguladoras, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a resolución destas subvencións será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación. Nesta publicación especificaranse a data da convocatoria, a entidade beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como as solicitudes desestimadas, con expresión sucinta dos motivos da desestimación.
Por todo o anterior, tras o informe de baremación e a proposta emitida pola unidade de igualdade do Departamento Territorial de Lugo como órgano instrutor, unha vez fiscalizado o gasto de conformidade coa Intervención Delegada, o director do dito departamento territorial de Lugo da Consellería de Política Social e Igualdade, en virtude da competencia delegada na disposición adicional única para resolver os procedementos de concesión,
RESOLVE:
Primeiro. Concederlles as subvencións para o financiamento do programa SI437A ás asociacións con sede social na provincia de Lugo que se relacionan no anexo I, como consecuencia da aplicación dos criterios e pautas de valoración establecidas no artigo 14 das bases reguladoras e segundo o establecido no artigo 5.4, pola contía e para o desenvolvemento da actuación que figuran no anexo.
Segundo. Incluír na lista de espera as solicitudes que se indican no anexo II segundo a orde de puntuación e que, de ser o caso, poderán ser atendidas a través do crédito que quede sen comprometer por producirse algunha renuncia ou por un incremento do crédito orzamentario dispoñible destinado a estas axudas. Para estes efectos, poderán realizarse sucesivas propostas de resolución.
Terceiro. Excluír e declarar desistidas as solicitudes que se relacionan no anexo III, con indicación da causa específica, por desistencia expresa, por non cumpriren o requisito de emenda e/ou achega dos documentos preceptivos no prazo establecido, segundo o disposto no artigo 12.1 das bases reguladoras, ou ben por non cumpriren algún dos requisitos establecidos nas referidas bases.
Cuarto. Informar as asociacións de mulleres e as federacións constituídas por estas, beneficiarias das subvencións con sede social na provincia de Lugo que figuran no anexo I desta resolución, do seguinte:
a) As axudas da liña 1 están financiadas con fondos propios libres da Comunidade Autónoma de Galicia e as axudas da liña 2 están financiadas con fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
b) De acordo co establecido no artigo 3 das bases reguladoras, estas axudas son compatibles con outras subvencións, axudas e ingresos, ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou entidades públicas ou privadas.
O importe da subvención concedida non poderá superar en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas, o custo da actuación ou actividade que vai desenvolver a entidade solicitante, nin o importe total do correspondente concepto de gasto.
No caso de que o conxunto das axudas supere o custo das actividades ou gastos subvencionables, esta axuda reducirase na cantidade necesaria ata acadar o cumprimento do establecido anteriormente.
c) As entidades beneficiarias deberán cumprir, en todo caso, cos requisitos e obrigas exixidos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como coas condicións e obrigas establecidas no artigo 20 das bases reguladoras e demais que resulten exixibles segundo a normativa de aplicación.
d) No artigo 22 das bases reguladoras establécense os criterios de gradación dos posibles incumprimentos que determinan, de ser o caso, a perda do dereito ao cobramento da subvención, a minoración da cantidade concedida ou, de ser o caso, o reintegro total ou parcial da axuda percibida.
e) Unha vez publicada a resolución de concesión da subvención, a entidade beneficiaria deberá comunicar no prazo de dez (10) días a súa aceptación e comprometerse a executar o programa, medida ou actuación subvencionada no prazo e nas condicións establecidos na convocatoria. No caso de non comunicalo no prazo indicado, entenderase tacitamente aceptada.
f) De acordo co establecido no artigo 19 das bases reguladoras, o importe da subvención farase efectivo nun pagamento único, logo da acreditación da realización da actuación ou actividade e da presentación da documentación xustificativa.
g) Para poderen ser tidos en conta, os gastos deben estar xerados no período comprendido entre o 1 de outubro de 2024 e o 30 de setembro de 2025, para os gastos da liña 1, e entre o 1 de decembro de 2024 e o 30 de novembro de 2025, para a liña 2, e estar efectivamente pagados, como máximo, na data de finalización do prazo de xustificación, o 16 de outubro 2025 para a liña 1 e o 11 de decembro para a liña 2.
h) As entidades beneficiarias deberán presentar a documentación xustificativa establecida no artigo 18 coa data límite do 16 de outubro de 2025 para a liña 1 e do 11 de decembro para a liña 2.
Quinto. Notificarlles ás persoas interesadas esta resolución, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.
Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2025. A conselleira de Política Social e Igualdade. P.D. (Disposición adicional única da Orde do 8.4.2025; DOG núm. 80, do 28 de abril). O director territorial de Lugo da Consellería de Política Social e Igualdade. P.A. (Decreto 139/2024, do 20.5.2024; DOG, núm. 101, do 27 de maio) Sandra Colmenares Díaz, Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa
ANEXO I
Concesións
|
Nº de expediente |
Nome asociación/federación |
NIF |
Liña e denominación do programa |
Custo total da actuación (€) |
Importe |
Total puntos |
|
Liña 1 |
||||||
|
SI437A-2025-00000002-02 |
Asociación de mujeres empresarias de la provincia de Lugo |
G27105220 |
Liña 1 |
5.150,00 |
4.635,00 |
64,5 |
|
SI437A-2025-00000003-02 |
Arelas. Asociación de familias de menores e mocidade trans de Galicia |
G27820182 |
Liña 1 |
5.512,00 |
4.960,80 |
58 |
|
SI437A-2025-00000007-02 |
Amuraxe |
G27212281 |
Liña 1 |
900,00 |
800,00 |
52 |
|
SI437A-2025-00000008-02 |
Asociación de viudas Julia Minguillón |
G27013697 |
Liña 1 |
2.000,00 |
1.437,50 |
44,5 |
|
SI437A-2025-00000009-02 |
Axel. Asociación de xóvenes emprendedores lucenses |
G27305218 |
Liña 1 |
14.890,00 |
5.000,00 |
34,1 |
|
Liña 2 |
||||||
|
SI437A-2025-00000001-02 |
Bumei Galicia: buenas prácticas, mujer, empleo e inclusión |
G27441153 |
Liña 2: Información, divulgación, prevención e asesoramento: Hai saída |
10.501,00 |
6.000,00 |
88 |
ANEXO II
Lista de espera
|
Nº lista de espera |
Nº de expediente |
Nome asociación/federación |
NIF |
Liña e denominación do programa |
Custo total da actuación (€) |
Total puntos |
Importe que lle correspondería segundo a puntuación (€) |
|
3 |
SI437A-2025-00000005-02 |
Asociación E-Deidades para a Integración Laboral e Social da Muller |
G27431873 |
Liña 2: Gladiadoras |
4.730,00 |
65,20 |
3.504,50 |
|
10 |
SI437A-2025-00000011-02 |
Asociación de Mulleres Rurais Porta Norte |
G27246727 |
Liña 2: Plan formativo muller rural Ribadeo 2025 |
2.500,00 |
61,00 |
1.732,95 |
ANEXO III
Solicitudes excluídas e desistidas
|
Nº de expediente |
Liña |
Nome asociación/federación |
NIF |
Causas de denegación |
|
SI437A-2025-00000004-02 |
Liña 1 |
Asociación de mulleres rurais A Xuntanza de Castro de Rei |
G27288703 |
Incumprimento do requisito recollido no artigo 4.1.c) |
|
SI437A-2025-00000006-02 |
Liña 1 |
Asociación cultural de veciños/as de San Pedro de Labio |
G75823856 |
Incumprimento do requisito recollido no artigo 4.1.c) |
|
SI437A-2025-00000010-02 |
Liña 1 |
Asociación de mulleres rurais da parroquia de Furco |
G27514546 |
Incumprimento do requisito recollido no artigo 4.1.c) |
|
SI437A-2025-00000012-02 |
Liña 2 |
Asociación familiar de amas de casa de Ribadeo |
G27207117 |
Artigo 12: desistencia por non contestar correctamente o requirimento |
