DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 11 de agosto de 2025 Páx. 43463

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se publica a Resolución do 30 de xullo de 2025 que pon fin ao procedemento de concesión das subvencións da provincia da Coruña convocadas mediante a Orde do 8 de abril de 2025, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento SI437A).

Con data do 28 de abril de 2025, publícase no Diario Oficial de Galicia número 80 a Orde do 8 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento SI437A).

A través da dita orde establécense as bases reguladoras e a convocatoria, para o ano 2025, das axudas dirixidas ás asociacións de mulleres e ás federacións constituídas por estas, coa finalidade de fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas a través das seguintes liñas:

a) Liña 1: consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar os gastos correntes que orixine o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e das súas federacións.

b) Liña 2: promoción de actuacións e actividades singularizadas en materia de igualdade, de prevención da violencia de xénero e de acompañamento das vítimas, con especial incidencia nas mulleres rurais, mulleres maiores e/ou mulleres en situación de vulnerabilidade, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Para o financiamento das axudas previstas nesta convocatoria destínase crédito por importe total de trescentos trinta mil euros (330.000€) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025 con cargo ás aplicacións orzamentarias seguintes:

Liña

Aplicación

Cód. proxecto

Importe

Liña 1

08.07.313B.480.0

2016 00020

180.000,00 €

Liña 2

08.07.313D.480.2

2025 00050

150.000,00 €

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde, concretamente no Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Política Social e Igualdade segundo a sede social das asociacións solicitantes, pola unidade administrativa tramitadora e encargada da instrución do procedemento, así como as emendas feitas, neste caso pola unidade de igualdade do dito departamento territorial, unha vez comprobado que todas cumprían cos requisitos establecidos e coa documentación necesaria, estas foron remitidas á Comisión de Valoración, órgano creado no artigo 13.2.

O dito órgano instrutor, tras a baremación e á vista do informe realizado pola Comisión de Valoración, formulou a proposta de resolución que, como establece o artigo 15.1, elevou ao órgano competente, á persoa titular do Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Política Social e Igualdade, que, en virtude da competencia delegada na disposición adicional única para resolver os procedementos de concesión, emite a correspondente resolución con data do 30 de xullo de 2025.

Segundo o artigo 15.3, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións destas subvencións serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, as cales producirán os mesmos efectos da notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do contido íntegro da Resolución do 30 de xullo de 2025, do Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Política Social e Igualdade, ditada no seu ámbito provincial ao abeiro da Orde do 8 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento SI437A), e que se xunta a esta resolución no anexo.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 30 de xullo de 2025, do Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Política Social e Igualdade, pon fin á vía administrativa e que contra ela poderá interpoñerse o recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Non se pode interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

A Coruña, 31 de xullo de 2025

María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Resolución do 30 de xullo de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, que pon fin ao procedemento de concesión das subvencións na provincia da Coruña convocadas mediante a Orde do 8 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento SI437A).

Antecedentes:

Primeiro. Con data do 28 de abril de 2025, publícase no Diario Oficial de Galicia a Orde do 8 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento SI437A).

Segundo. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar, no ano 2025, axudas dirixidas ás asociacións de mulleres e ás federacións constituídas por estas, coa finalidade de fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas a través das seguintes liñas: liña 1 para a consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar os gastos correntes que orixine o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e das súas federacións, e liña 2 para a promoción de actuacións e actividades singularizadas en materia de igualdade, de prevención da violencia de xénero e de acompañamento das vítimas, con especial incidencia nas mulleres rurais, mulleres maiores e/ou mulleres en situación de vulnerabilidade, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Terceiro. De acordo co establecido no artigo 1.3 das bases reguladoras, o procedemento para a concesión das subvencións recollidas nesta orde tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, de acordo co sinalado no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cuarto. De acordo co establecido no artigo 13.4 das bases reguladoras, avaliadas as solicitudes no ámbito provincial da Coruña, seguindo os criterios establecidos no artigo 14, a Comisión de Valoración emitiu un informe segundo o cal a unidade de igualdade do Departamento Territorial da Coruña, órgano instrutor, formulou a proposta de resolución ao órgano competente para resolver e na cal se inclúe a proposta de concesión de subvencións segundo a orde de puntuación obtida polas solicitudes e polo importe da axuda correspondente ata esgotar o crédito dispoñible. Así mesmo, propón os expedientes os cales se lles denegan estas axudas por desistencia expresa, por non cumpriren os requisitos establecidos na convocatoria ou por non achegaren a documentación requirida no prazo establecido, segundo o establecido no artigo 68.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Quinto. De acordo co establecido no artigo 15.1, tras a proposta da resolución a persoa titular do Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Política Social e Igualdade resolverá por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade.

Sexto. Segundo o artigo 15.3 das bases reguladoras, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a resolución destas subvencións será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación. Nesta publicación especificaranse a data da convocatoria, a entidade beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como as solicitudes desestimadas, con expresión sucinta dos motivos da desestimación.

Por todo o anterior, tras o informe de baremación e a proposta emitida pola unidade de igualdade do Departamento Territorial da Coruña como órgano instrutor, unha vez fiscalizado o gasto de conformidade coa Intervención Delegada, a directora do dito departamento territorial da Coruña da Consellería de Política Social e Igualdade, en virtude da competencia delegada na disposición adicional única para resolver os procedementos de concesión,

RESOLVE:

Primeiro. Concederlles as subvencións para o financiamento do programa SI437A ás asociacións con sede social na provincia da Coruña que se relacionan no anexo I, como consecuencia da aplicación dos criterios e pautas de valoración establecidas no artigo 14 das bases reguladoras e segundo o establecido no artigo 5.4, pola contía e para o desenvolvemento da actuación que figuran no anexo.

Segundo. Excluír e declarar desistidas as solicitudes que se relacionan no anexo II, con indicación da causa específica, por desistencia expresa, por non cumpriren o requisito de emenda e/ou achega dos documentos preceptivos no prazo establecido, segundo o disposto no artigo 12.1 das bases reguladoras, ou ben por non cumpriren algún dos requisitos establecidos nas referidas bases.

Terceiro. Informar as asociacións de mulleres e ás federacións constituídas por estas, beneficiarias das subvencións con sede social na provincia da Coruña que figuran no anexo I desta resolución, do seguinte:

a) As axudas da liña 1 están financiadas con fondos propios libres da Comunidade Autónoma de Galicia e as axudas da liña 2 están financiadas con fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

b) De acordo co establecido no artigo 3 das bases reguladoras, estas axudas son compatibles con outras subvencións, axudas e ingresos, ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou entidades públicas ou privadas.

O importe da subvención concedida non poderá superar en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas, o custo da actuación ou actividade que vai desenvolver a entidade solicitante, nin o importe total do correspondente concepto de gasto.

No caso de que o conxunto das axudas supere o custo das actividades ou gastos subvencionables, esta axuda reducirase na cantidade necesaria ata acadar o cumprimento do establecido anteriormente.

c) As entidades beneficiarias deberán cumprir, en todo caso, cos requisitos e obrigas exixidos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como coas condicións e obrigas establecidas no artigo 20 das bases reguladoras e demais que resulten exixibles segundo a normativa de aplicación.

d) No artigo 22 das bases reguladoras establécense os criterios de gradación dos posibles incumprimentos que determinan, de ser o caso, a perda do dereito ao cobramento da subvención, a minoración da cantidade concedida ou, de ser o caso, o reintegro total ou parcial da axuda percibida.

e) Unha vez publicada a resolución de concesión da subvención, a entidade beneficiaria deberá comunicar no prazo de dez (10) días a súa aceptación e comprometerse a executar o programa, medida ou actuación subvencionada no prazo e nas condicións establecidos na convocatoria. No caso de non comunicalo no prazo indicado, entenderase tacitamente aceptada.

f) De acordo co establecido no artigo 19 das bases reguladoras, o importe da subvención farase efectivo nun pagamento único, logo da acreditación da realización da actuación ou actividade e da presentación da documentación xustificativa.

g) Para poderen ser tidos en conta, os gastos deben estar xerados no período comprendido entre o 1 de outubro de 2024 e o 30 de setembro de 2025, para os gastos da liña 1, e entre o 1 de decembro de 2024 e o 30 de novembro de 2025, para a liña 2, e estar efectivamente pagados, como máximo, na data de finalización do prazo de xustificación, o 16 de outubro 2025 para a liña 1 e o 11 de decembro para a liña 2.

h) As entidades beneficiarias deberán presentar a documentación xustificativa establecida no artigo 18 coa data límite do 16 de outubro de 2025 para a liña 1 e do 11 de decembro para a liña 2.

Quinto. Notificarlles ás persoas interesadas esta resolución, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2025. A conselleira de Política Social e Igualdade. P.D. (Disposición adicional única da Orde do 8.4.2025; DOG núm. 80, do 28 de abril). A directora territorial da Coruña da Consellería de Política Social e Igualdade. P.A. (Decreto 139/2024 do 20.5.2024; DOG, núm. 101, do 27 de maio) María Sóñora Ferreirós, Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa.

ANEXO I

Concesións

Número de expediente

Nome asociación/federación

NIF

Liña e denominación do programa

Custo total actuación

Importe

subvención (€)

Total

puntos

Liña 1

SI437A-2025-00000009-01

Asociación Puntodelas-Secretaría das Mulleres

G70370119

Liña 1

5.600,00

4.088,00

78,5

SI437A-2025-00000027-01

Asociación de familias monomarentais de Galicia (Fagamos)

G05324314

Liña 1

7.898,85

5.000,00

74,5

SI437A-2025-00000018-01

Federación de asociacións de mulleres rurais de Galicia

G70101647

Liña 1

6.840,00

5.000,00

74

SI437A-2025-00000019-01

Asociación para a promoción e integración das mulleres galegas do rural agra

G15656762

Liña 1

6.840,00

5.000,00

72,5

SI437A-2025-00000001-01

Asociación de mulleres rurais e consumidoras A Maristela de Sobrado dos Monxes

G15766918

Liña 1

6.530,37

5.000,00

72

SI437A-2025-00000004-01

Asociación de amas de casa consumidores y usuarios

G15049034

Liña 1

6.000,00

4.200,00

70,5

SI437A-2025-00000012-01

Asociación de executivas de Galicia

G70301916

Liña 1

8.356,22

5.000,00

69

SI437A-2025-00000014-01

Acción familiar Ferrol

G15745466

Liña 1

4.988,00

4.450,00

68,5

SI437A-2025-00000005-01

Asociación mulleres rurais de Santiso Amurusa

G15901176

Liña 1

5.440,73

4.080,75

68,5

SI437A-2025-00000021-01

Asociación de mulleres rurais 'Ceres' De Carballo

G15923113

Liña 1

6.840,00

5.000,00

65,2

SI437A-2025-00000008-01

Asociación Labregas

G15945686

Liña 1

5.825,97

4.427,00

63,5

SI437A-2025-00000023-01

Asociación de mulleres con discapacidade Galicia

G70223417

Liña 1

5.592,13

5.000,00

63

SI437A-2025-00000028-01

Aeco-Asociación de empresarias de A Coruña

G15156573

Liña 1

6.837,57

5.000,00

59

SI437A-2025-00000006-01

Federación galega de redeiras artesás O Peirao

G15969868

Liña 1

5.000,00

5.000,00

57

SI437A-2025-00000026-01

Asociación de mulleres rurais o areeiro

G15429822

Liña 1

2.783,00

2.055,00

49,8

SI437A-2025-00000010-01

Asociación de mulleres rurais Carballeira de Padrón

G15870777

Liña 1

650,92

520,74

49,5

SI437A-2025-00000013-01

Asociación profesional de redeiras O Fieital de Malpica

G15923022

Liña 1

3.312,38

2.547,08

38,1

SI437A-2025-00000002-01

Asociación redeiras artesás Illa da Estrela de Corme

G70225560

Liña 1

3.000,00

2.188,00

34,8

SI437A-2025-00000007-01

Asociación profesional de redeiras de Cariño

G15889603

Liña 1

4.000,00

2.374,23

31,4

SI437A-2025-00000003-01

Asociación de redeiras Virxe do Carmen

G15889991

Liña 1

3.500,00

2.091,15

30,2

Liña 2

SI437A-2025-00000015-01

Asociación de mulleres rurais de Lestedo

G15373590

Liña 2: Medramos en igualdade

5.834,80

5.234,80

82

SI437A-2025-00000024-01

Asociación Mirabal

G70312954

Liña 2: Programa de concienciación e divulgación da igualdade 2025

7.550,00

6.000,00

79

SI437A-2025-00000022-01

Asociación para el empoderamiento de personas vulnerables y o riesgo de exclusión

G70573514

Liña 2: Plan de divulgación 2024-2025 ao redor da igualdade

6.255,00

5.000,00

78

SI437A-2025-00000025-01

Asociación Visibles

G70601570

Liña 2: Programa actividades igualdade 2025

8.000,00

6.000,00

76

SI437A-2025-00000011-01

Asociación Casa da Muller

G70581517

Liña 2: Saberes

10.000,00

6.000,00

72

ANEXO II

Solicitudes excluídas e desistidas

Nº de expediente

Liña

Nome asociación/federación

NIF

Causas de denegación

SI437A-2025-00000016-01

Liña 1

Asociación de mulleres profesionais emprendedoras e empresarias de Galicia

G19743442

Incumprimento do requisito recollido no artigo 4.1.c)

SI437A-2025-00000017-01

Liña 2

Asociación de mulleres profesionais emprendedoras e empresarias de Galicia

G19743442

Incumprimento do requisito recollido no artigo 4.1.c)

SI437A-2025-00000020-01

Liña 2

Patronato Concepción Arenal

G15030372

Artigo 12: desistencia por non contestar correctamente o requirimento