Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante este anuncio a persoa afectada pola expropiación é informada da consignación do depósito do prezo xusto do bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución de apoios na LMTA LOZ803A e instalación RC que figura no cadro anexo.
A persoa interesada poderá solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria de Vigo. Na solicitude deberá achegar unha copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figura como titular da conta en que se ingresará o depósito.
Vigo, 22 de xullo de 2025
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2022/002-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: substitución de apoios na LMTA LOZ803A e instalación RC.
Concello: Pontevedra.
|
Predio |
Referencia catastral |
Titular |
Depósito prezo xusto |
|
2 |
36900A090001450000QR |
Descoñecido/a |
2025/54/309 |
