DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 11 de agosto de 2025 Páx. 43731

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponte Caldelas

ANUNCIO do 18 de xullo de 2025 de notificación do procedemento de orde de execución relativo á xestión da biomasa.

De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentouse sen efecto a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración,

Ao non ser posible efectuar a comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, ás persoas propietarias das parcelas que se relacionan a seguir, por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.

Acto que se notifica

Ref. catastral

Polígono/Parcela

Localización

Interesado/a

Persoa responsable

Orde de execución

(Exp. 1415-2025)

Resolución de inicio O.E. do 16.7.2025

36043A041008720000JY

(Polígono 41–Parcela 872)

Regodobargo–A Insua

Ponte Caldelas

María Orge Piñeiro

Orde de execución

(Exp. 1432-2025)

Resolución de inicio O.E. do 16.7.2025

36043A041006150000JG

(Polígono 41–Parcela 615)

Regodobargo-A Insua

Ponte Caldelas

Dolores Amoedo Dasilva

Orde de execución

(Exp. 1433-2025)

Resolución de inicio O.E. do 16.7.2025

36043A041007350000JU

(Polígono 41–Parcela 735)

Regodobargo-A Insua

Ponte Caldelas

En investigación

Orde de execución

(Exp. 1227-2025)

Resolución de inicio O.E. do 17.7.2025

36043A041005690000JJ

(Polígono 41–Parcela 569)

Regodobargo-A Insua

Ponte Caldelas

En investigación

Orde de execución

(Exp. 1229-2025)

Resolución de inicio O.E. do 17.7.2025

36043A041005710000JI

(Polígono 41–Parcela 571)

Regodobargo-A Insua

Ponte Caldelas

En investigación

Orde de execución

(Exp. 1230-2025)

Resolución de inicio O.E. do 18.7.2025

36043A041005740000JJ

(Polígono 41–Parcela 574)

Regodobargo-A Insua

Ponte Caldelas

Rafael Taboada Amoedo

En virtude do que antecede, comunícaselle que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de quince (15) días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

Publícase este anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que sirva de notificación á persoa interesada, para o que se lle comunica que tanto a notificación como o expediente están á súa disposición no Concello de Ponte Caldelas (avenida de Galicia, 17, 36820 Ponte Caldelas, Pontevedra). Igualmente poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade.

Considerando que o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que cando non se puidese determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resultase infrutuosa a notificación da comunicación efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia dos datos catastrais da parcela.

Considerando que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita a este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión de biomasa e repercutirán os custos ás persoas responsables.

Considerando que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.

Ponte Caldelas, 18 de xullo de 2025

Andrés Díaz Sobral
Alcalde presidente