DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 12 de agosto de 2025 Páx. 44003

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2025, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, sobre disolucións e cancelacións de sociedades agrarias de transformación (SAT).

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias acórdase publicar a relación das sociedades agrarias de transformación disoltas e canceladas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto.

a) Ganadería Xusto, SAT nº 1333 Xuga, cancelada por transformación nunha sociedade de responsabilidade limitada coa denominación Ganadería Xusto, S.L., segundo acordo adoptado na asemblea xeral do 12 de marzo de 2025, que tivo lugar ante notario.

b) A Corda, SAT nº 700 Xuga, cancelada finalizada a liquidación e aprobado o balance final polo acordo adoptado na Asemblea do 15 de maio de 2025, ante notario.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2025

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias