DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 12 de agosto de 2025 Páx. 44001

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 28 de xullo de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2024/5-1, no concello de Carballo.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse a todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Renovación de instalacións por fin da súa vida útil entre os apoios A33RC80H//C13-27-12 e A3J4VRKS//C13-27-20 CT (LAMT CBL701B Bértoa-A Laracha, 1), no concello de Carballo (expediente IN407A 2024/5-1), acto que se realizará en primeiro lugar sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias da casa do referido concello, segundo o calendario e o horario aproximado que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, e amosarán o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 28 de xullo de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2024/5-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Renovación de instalacións por fin da súa vida útil entre os apoios A33RC80H//C13-27-12 e A3J4VRKS//C13-27-20 CT (LAMT CBL701B Bértoa-A Laracha, 1).

Concello: Carballo.

Predio

Lugar

Ref. catastral

Titularidade proposta

Data

Hora

1

Leira de Abaixo

15019A117000610000JX

Carmen e Purificación Vecino Seoane e outros

22.10.2025

11.15