En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: ENCE Energía y Celulosa, S. A.
Expediente: DH.A36.103131.
Volume total anual: 18.921.600,00 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 600 l/s.
Destino: uso industrial.
Orixe: estación de rexeneración de augas na parcela con ref. catastral 7057001NG2975N0001SZ.
Lugar: As Cocheiras.
Parroquia: Lourizán.
Concello: Pontevedra.
Descrición:
Preténdese construír unha estación de rexeneración de augas nos terreos da fábrica para tratar a auga procedente da EDARU de Pontevedra, mediante un sistema de filtración e posterior osmose inversa, e empregala na fábrica de xeito alternativo ou complementario á captación do río Lérez, para a que dispón da concesión de augas con clave de expediente DH.A36E-1206-P.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Vigo, 1 de agosto de 2025
Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur
