DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 12 de agosto de 2025 Páx. 44021

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 1 de agosto de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de produción e subministración de augas rexeneradas procedentes da EDARU dos Praceres, no concello de Pontevedra (expediente DH.A36.103169).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: ENCE Energía y Celulosa, S.A.

Expediente: DH.A36.103169.

Caudal máximo instantáneo: 3.500 m3/hora.

Destino: outros usos: produción e subministración de augas rexeneradas.

Orixe: EDARU dos Praceres, na parcela con ref. catastral 6249501NG2964N0001QM.

Lugar: As Cocheiras.

Parroquia: Lourizán.

Concello: Pontevedra.

Descrición:

Preténdese captar auga depurada da EDARU e conducila á parcela adxacente, 7057001NG2975N0001SZ, para o seu tratamento na futura planta rexeneradora.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 1 de agosto de 2025

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur