DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 12 de agosto de 2025 Páx. 44019

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 22 de xullo de 2025, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se notifican os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas (expediente DH.A15.12776 e quince máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), ao ser descoñecido o enderezo das persoas interesadas ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas indicadas no anexo os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas, por ter expirado o prazo concesional, ditados no expediente DH.A15.12776 e quince máis.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para o coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexa, poderá concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

A persoa interesada disporá dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que considere pertinentes.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2025

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Data do acordo

DH.A15.12776

José Otero Ramos

10.6.2025

DH.A15.12694

Darío Romero García

10.6.2025

DH.A27.2941

María Evangelina Chao Vivero

10.6.2025

DH.A15.12185

Comunidade de Usuarios Fonte de Quintáns

10.6.2025

DH.A15.13488

Carmen Rey Cerdeira

10.6.2025

DH.A27.2904

María Dolores Chao García

10.6.2025

DH.A36.5269

Comunidade de Usuarios de Val do Bargo

10.6.2025

DH.A36.3332

Juan Arosa Buceta

10.6.2025

DH.A36.3998

Arcebispado de Santiago

10.6.2025

DH.A15.10313

Manuel Figueira Vázquez

10.6.2025

DH.A15.11533

Mercedes España Lustres

10.6.2025

DH.A15.9584

Comunidade de Usuarios de Cova

10.6.2025

DH.A15.12948

Julia Duarte Campos

10.6.2025

DH.A15.12488

Comunidade de Usuarios de Oleiros e Carballosa

10.6.2025

DH.A15.14350

Herminia Cruz López

10.6.2025

DH.A36.06772

Amelia Villaverde Picón

10.6.2025