O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, con data do 21.5.2025, acordou iniciar os trámites para a declaración como veciñal en man común do monte que se describe:
Exp. núm. 436.
Monte: Fontardión Eume-Fontardión Goente.
Concello: As Pontes de García Rodríguez.
Superficie: 101,101 ha.
O monte está conformado polas referencias catastrais seguintes:
• Pol. 422, parcela 782, Ref. catastral 15071A422007820000LI.
• Pol. 422, parcela 650, Ref. catastral 15071A422006500000LR.
• Pol. 422, parcela 652, Ref. catastral 15071A422006520000LX.
• Pol. 422, parcela 774, Ref. catastral 15071A422007740000LO.
• Pol. 422, parcela 783, Ref. catastral 15071A422007830000LJ.
Superficie total: 101,101 ha.
Por medio do presente edicto e conforme o disposto no artigo 11 da Lei de montes veciñais en man común do 10 de outubro de 1989 e no artigo 23 do seu Regulamento do 4 de setembro de 1992, faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas poidan comparecer e intervir no dito expediente.
O que se pon en coñecemento de todos os interesados, indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que consideren convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunos, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.
Poderán consultar o dito expediente no Departamento Territorial do Medio Rural da Coruña, rúa Vicente Ferrer, 2, 6º andar, 15701 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas.
As alegacións dirixiranse ao Servizo de Montes do Departamento Territorial do Medio Rural da Coruña e poderanse presentar en calquera rexistro público ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
A Coruña, 23 de xullo de 2025
María Pilar Santamaría Calo
Instrutora
