DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 13 de agosto de 2025 Páx. 44245

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 29 de xullo de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se comunica o traslado ás persoas titulares das follas de valoración formuladas pola entidade beneficiaria nun expediente de expropiación forzosa nos concellos de Esgos e Xunqueira de Espadanedo (expediente IN407A 2024/60-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da presentación das follas de aprecio da entidade beneficiaria no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA VLL813 entre os apoios núms. 170 e 176, situada nos concellos de Esgos e Xunqueira de Espadanedo, correspondentes aos predios e titularidades que se sinalan no cadro anexo. Así mesmo, indícase a data da acta de autorización á empresa beneficiaria para poder ocupar os predios afectados.

O texto íntegro das referidas follas de aprecio está ao dispor das persoas titulares na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, núm. 1, 4º andar, 32003 Ourense) tras pediren cita previa no teléfono 988 38 67 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas titulares disporán dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do BOE, para solicitaren a remisión das correspondentes follas ao enderezo que sinalen. Transcorrido o dito prazo de dez días sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo fixado para compareceren.

Ourense, 29 de xullo de 2025

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado
ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2024/60-3.

Instalación: Regulamentación LMTA VLL813 entre os apoios núms. 170 e 176.

Concellos: Esgos e Xunqueira de Espadanedo.

Empresa beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Data da acta de ocupación: 26 de marzo de 2025.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Incidencia

3

Penedos

32032A002007320000JS

Descoñecido/a

Titular descoñecido/a

4

Castiñeira

32038A043000580000KQ

José Formoso

Enderezo descoñecido