Expediente: IN408A 2024/003-1.
Solicitante/promotora: Parque Eólico de Malpica, S.A.
Denominación: proxecto de execución de sistema de almacenamento BESS-hibridación PE Malpica repotenciado.
Concello: Malpica de Bergantiños.
Feitos:
1. O 29.7.2025, acordouse someter a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de produción de enerxía eléctrica no concello de Malpica de Bergantiños (IN408A 2024/003-1).
2. No devandito acordo detectouse un erro material en canto ao enderezo web onde se pode consultar a información.
Consideracións legais e técnicas:
O artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
De acordo con todo o indicado, RESOLVO rectificar o citado acordo, de xeito que onde di:
«https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte».
Debe dicir:
«https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion».
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.
Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.
A Coruña, 6 de agosto de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
