De conformidade co establecido no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, procédese á publicación das subvencións concedidas.
De acordo co anterior,
RESOLVO:
Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas en virtude da Orde do 28 de novembro de 2024 pola que se aproban as bases e a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia para o ano 2025 (código de procedemento MT821A).
A finalidade desta orde é promover o desenvolvemento sustentable das poboacións asociadas ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia mediante a concesión de axudas económicas para a realización de actividades na súa área de influencia socioeconómica. A regulamentación de usos e actividades permitidas no parque nacional é en ocasións certamente restritiva pois a fraxilidade dos valores que hai que protexer así o exixe. Non obstante, isto non debe ser obstáculo para fomentar e lograr o crecemento económico da zona de influencia socioeconómica de xeito harmonioso e compatible cos obxectivos de conservación.
Esta subvención finánciase integramente con fondos transferidos do Estado. Así, unha vez que a Conferencia Sectorial de Medio Ambiente do día 24 de xullo de 2024 aprobou os criterios de repartición e a distribución dos créditos correspondentes ás subvencións destinadas ás áreas de influencia socioeconómica (AIS) dos parques nacionais, o director do organismo autónomo Parques Nacionais resolveu formalizar o compromiso financeiro coa Comunidade Autónoma de Galicia para o Parque Nacional de Illas Atlánticas. Empréganse as aplicacións orzamentarias 06.04.541B.760.2, 06.04.541B.770.2, 06.04.541B.780.2 e 06.04.541B.781.1, código de proxecto 2015 00694, do orzamento de gastos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025, por un importe de 140.810,00 euros.
As contías e persoas beneficiarias por cada unha das liñas relaciónanse nos anexos I, II, III e IV desta resolución.
As axudas aos concellos, empresas, persoas físicas e institucións sen fins de lucro foron aprobadas por resolución da directora xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, nos días 24.4.2025, 7.5.2025, 25.4.2025 e 21.5.2025, respectivamente.
Posteriormente foron aprobadas máis solicitudes de empresas e institucións sen fins de lucro pola Resolución complementaria da directora xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, do 1 de xullo de 2025, para ambos os tipos de beneficiarios, de acordo co establecido no punto 2 do artigo 4 da orde reguladora, ao existir un remanente de crédito.
Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2025
María Sol Díaz Mouteira
Directora xeral de Patrimonio Natural
ANEXO I
Relación de concellos beneficiarios ao abeiro da liña orzamentaria 06.04.541B.760.2
|
Expediente |
NIF |
Nome solicitante |
Actuación |
Total puntuación |
Importe elixible |
|
PN-28/2025 |
P36****0B |
Concello de Vilagarcía de Arousa |
Estudo do solo Parque de Compostela |
2,469 |
9.900,00 € |
|
PN-30/2025 |
P15****0H |
Concello de Ribeira |
Actuacións de divulgación do patrimonio da illa de Sálvora |
2,006 |
10.000,00 € |
|
Totais (€) |
19.900,00 € |
||||
ANEXO II
Relación de empresas beneficiarias ao abeiro da liña orzamentaria 06.04.541B.770.2
|
Expediente |
NIF |
Nome solicitante |
Actuación |
Total puntuación |
Importe elixible |
|
PN-16/2025 |
B36****42 |
Iniciativas Tradicionales Marítimas, S.L. |
Chasula mosaico, vento, mar e ciencia |
2,554 |
6.000,00 € |
|
PN-12/2025 |
B36****56 |
Ecoplanin Xestión e Información Ambiental, S.L. |
Eliminación de Crocosmia nas Cíes |
2,469 |
6.000,00 € |
|
PN-14/2025 |
354****2B |
Bibiana Álvarez Seoane |
Os milagres de Cortegada |
2,194 |
6.000,00 € |
|
PN-09/2025 |
B70****14 |
Properdis Empresa de Inserción Laboral, S.L. |
Erradicación de especies exóticas invasoras na Illa de Sálvora |
2,109 |
6.000,00 € |
|
PN-40/2025 |
B15****60 |
Wireless Galicia, S.L. |
Miradoiro inmersivo |
2,109 |
6.000,00 € |
|
PN-23/2025 |
E36****83 |
Oftefor, C.B. |
Avós nas illas. As orixes de Cortegada |
2,091 |
6.000,00 € |
|
PN-24/2025 |
531****9A |
Ana Vázquez Iglesias |
Ecoturismo accesible a persoas con diversidade funcional visual |
1,989 |
6.000,00 € |
|
PN-03/2025 |
B27****07 |
Hydrosphere, S.L. |
Pequenos divulgadores científicos |
1,886 |
6.000,00 € |
|
Totais (€) |
48.000,00 € |
||||
ANEXO III
Relación de persoas físicas beneficiarias ao abeiro da liña orzamentaria 06.04.541B.780.2
|
Expediente |
NIF |
Nome solicitante |
Actuación |
Total puntuación |
Importe elixible |
|
PN-26/2025 |
352****8D |
Carmen Patiño Domínguez |
Mantemento e recuperación da tipoloxía construtiva tradicional, casa núm. 20 b. Ons |
0,960 |
6.000,00 € |
|
Totais (€) |
6.000,00 € |
||||
ANEXO IV
Relación de institucións sen fins de lucro beneficiarias ao abeiro da liña orzamentaria 06.04.541B.781.1
|
Expediente |
NIF |
Nome solicitante |
Actuación |
Total puntuación |
Importe elixible |
|
PN-06/2025 |
V36****54 |
CMVMC San Pedro de Matamá |
Actuación de eliminación e control de especies exóticas invasoras |
2,674 |
5.995,19 € |
|
PN-07/2025 |
V36****81 |
CMVMC San Xurxo de Saiáns |
Actuación de eliminación e control de especies exóticas invasoras |
2,674 |
5.999,75 € |
|
PN-01/2025 |
G15****98 |
Asociación galega para axuda dos enfermos con demencia tipo Alzheimer (Agadea) |
Un camiño de lembranzas: PNMTIAG (Illa de Sálvora-Ribeira) |
2,451 |
6.000,00 € |
|
PN-20/2025 |
F27****16 |
13 Grados, Sociedade Cooperativa Galega |
O mar en 360º (2ª edición) |
2,229 |
5.805,02 € |
|
PN-08/2025 |
G15****78 |
Asociación Amicos |
Sensibilización e concienciación para un desenvolvemento sustentable da AIS do PNMTIAG |
2,211 |
6.000,00 € |
|
PN-17/2025 |
G15****11 |
Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) |
Campo de voluntariado ambiental Cíes/Ons |
2,126 |
5.987,00 € |
|
PN-05/2025 |
G36****24 |
Fundación Igual Arte |
Xogando coas illas |
2,109 |
6.000,00 € |
|
PN-10/2025 |
F67****81 |
A Morada Nosa, Sociedade Cooperativa Galega |
Somos illas...CONECTADAS II |
2,091 |
5.963,64 € |
|
PN-19/2025 |
G94****04 |
Asociación Pés de Barro |
Pipo e as fadas |
2,091 |
4.950,00 € |
|
PN-34/2025 |
F27****42 |
Miudiño, Sociedade Cooperativa Galega |
Os fondos mariños do Parque Nacional Illas Atlánticas: encaixando cada peza no seu lugar |
1,989 |
5.994,00 € |
|
PN-32/2025 |
F72****82 |
Cuarzo Verde, Sociedade Cooperativa Galega |
Achegar as illas á terra |
1,886 |
5.580,00 € |
|
Totais (€) |
64.274,60 € |
||||
