A representación da titularidade do centro privado (CPR) Plurilingüe Liceo La Paz, da Coruña, solicita a modificación da autorización para impartir o ciclo formativo de grao medio (CM) Guía no medio natural e de tempo libre e o ciclo formativo de grao superior (CS) Comercio internacional.
Así mesmo, solicita a supresión de 6 unidades do bacharelato de adultos, de 1 CS Administración e finanzas e 1 CS Educación infantil, na modalidade presencial; e a supresión do CS Administración e finanzas e do CS Transporte e loxística na modalidade semipresencial e a distancia (virtual).
Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Artigo 1. Modificación da autorización
a) Modificar a autorización para autorizar un novo CM Guía no medio natural e de tempo libre e o CS Comercio internacional.
b) Suprimir na modalidade presencial: 6 unidades do bacharelato de adultos, 1 CS Administración e finanzas e 1 CS Educación infantil; e na modalidade semipresencial e a distancia (virtual) o CS Administración e finanzas e o CS Transporte e loxística. O centro queda configurado como se sinala a seguir:
Denominación xenérica: Centro Privado Plurilingüe.
Denominación específica: Liceo La Paz.
Código: 15004265.
Enderezo: Sebastián Martínez Risco, 1.
Localidade: A Coruña.
Concello: A Coruña.
Provincia: A Coruña.
Titulares: Carlos Pérez Roca e Antonio Pintor Vidal.
Composición resultante:
– Educación infantil: 15 unidades.
– Educación primaria: 30 unidades.
– Educación secundaria obrigatoria: 16 unidades.
Bacharelato:
8 unidades das modalidades de Ciencias e Tecnoloxía; Humanidades e Ciencias Sociais.
4 unidades da modalidade de Artes: vía de Artes Plásticas, Imaxe e Deseño e vía de Música e Artes Escénicas.
Formación profesional:
a) Ciclos formativos de grao medio (CM), modalidade presencial:
2 CM Coidados auxiliares de enfermaría (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).
2 CM Guía no medio natural e de tempo libre (4 unidades, 20 alumnos/as cada unha).
1 CM Emerxencias sanitarias (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).
1 CM Farmacia e parafarmacia (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).
2 CM Sistemas microinformáticos e redes (4 unidades, 30 alumnos/as cada unha).
b) Ciclos formativos de grao superior (CS) modalidade presencial:
1 CS Administración e finanzas (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).
1 CS Acondicionamento físico (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).
1 CS Animación 3D, xogos e contornos interactivos (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).
1 CS Comercio internacional (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).
1 CS Ensinanza e animación sociodeportiva (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).
2 CS Administración de sistemas informáticos en rede (4 unidades, 30 alumnos/as cada unha).
2 CS Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma (4 unidades, 30 alumnos/as cada unha).
1 CS Desenvolvemento de aplicacións web (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).
1 CS Dietética (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).
1 CS Educación infantil (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).
1 CS Imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).
1 CS Transporte e loxística (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).
c) Cursos de especialización, na modalidade presencial:
Curso de especialización en Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da información (1 unidade para 30 alumnos/as).
Curso de especialización en Intelixencia artificial e big data (1 unidade para 30 alumnos/as).
d) Ciclos formativos na modalidade semipresencial e/ou a distancia:
CM Farmacia e parafarmacia.
CM Sistemas microinformáticos e redes.
CS Administración de sistemas informáticos en rede.
CS Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma.
CS Desenvolvemento de aplicacións web.
CS Dietética.
CS Imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear.
CS Educación infantil.
e) Ensinanzas para persoas adultas en quenda de tarde-noite:
Educación secundaria obrigatoria: 8 unidades.
Artigo 2. Inicio da actividade
Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Dirección Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación do profesorado que impartirá docencia nos devanditos ciclos, así como o equipamento.
Artigo 3. Inscrición no rexistro de centros
Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 4. Revisión da autorización
O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando deban modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.
Disposición derradeira primeira. Recursos
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2025
Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
