DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 14 de agosto de 2025 Páx. 44538

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello das Pontes de García Rodríguez (expediente IN407A 2024/342-1).

Expediente: IN407A 2024/342-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación do proxecto: Sustitución CT Rego do Campo-15CS81.

Concello: As Pontes de García Rodríguez.

Feitos:

1 . O día 13.11.2024, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica mencionada, co obxecto de substituír un centro de transformación existente por se atopar en avanzado estado de deterioración.

Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado Substitución CT Rego do Campo-15CS81, asinado o día 28.10.2024 por David Núñez Fernández, enxeñeiro industrial, núm. de colexiado 1534 de Galicia, e Contestación ao requirimento para a obra Substitución CT Rego do Campo-15CS81 (As Pontes de García Rodríguez) (expediente Industria: IN407A/2024/000342-1), asinado por David Núñez Fernández, enxeñeiro industrial, núm. de colexiado 1534 de Galicia, o 30.6.2025.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello das Pontes de García Rodríguez, Augas de Galicia e Patrimonio Cultural. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.

4. O día 17.7.2025 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

Segunda. Lexislación de aplicación:

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

• Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

Terceira. Características técnicas:

As instalacións obxecto deste expediente están situadas na rúa 8 de marzo, As Pontes de García Rodríguez, no concello das Pontes de García Rodríguez, e as súas características técnicas son as seguintes:

• Substitución do centro de transformación existente denominado Rego do Campo-15CS81 (expediente 2012/223-1), de tipo compacto manobra exterior en caseta de obra civil e con transformador de 400 kVA, instalándose no seu lugar un novo centro de transformación tipo subterráneo prefabricado TC GPRS 2L1P TG con envolvente de formigón, ventilación vertical manobra interior e transformador de 400 kVA. Desmantelamento do transformador e aparellaxe MT/BT, e retirada da caseta do CT actual.

• Proxéctase un tramo de liña de media tensión subterránea en condutor de tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV 3 (1×240) mm² Al. O tramo de liña terá o seu inicio nos empalmes que se realizarán na LMTS MOL808 e final no apoio proxectado núm. 18 despois de facer entrada e saída no centro de transformación proxectado. A lonxitude total da liña de media tensión subterránea proxectada neste tramo é de 443 metros.

• Desmantelamento da liña de media tensión aérea MOL808 (expediente 30191), entre o apoio núm. 16 e o novo apoio proxectado, en condutor nu de tipo LA-56, cunha lonxitude de 212 metros.

Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

De acordo con todo o exposto,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para a dita instalación de distribución eléctrica.

2. As instalacións deberán obter a autorización de explotación antes do 1 de xaneiro de 2026, segundo o indicado no artigo 13.9.a) do Regulamento (UE) nº 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, salvo que se xustifique algunha das excepcións indicadas no dito artigo 13.

3. Para a posta en explotación da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia ao interesado, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 22 de xullo de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña