Expediente: IN407A 2024/174-1.
Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: Regulamentación LMTA CBA805 entre 9RAJ4KMH//80-B-5 e 9RE5T70I//80-B-7,
Concello: Malpica de Bergantiños.
1. Características técnicas:
– Substitución de tramo (actuación 1) LMTA a 15 kV, de 163 m, condutor tipo LA-56 Al, coa orixe no apoio nº 9RB6SF2L//80-B-6 existente para substituír por tipo C-2000/12 da LMT CBA805 Malpica, 5 (IN407A 1996/1-1), procedente da subestación Cabana, e remate no apoio nº 9RE5T70I//80-B-7 existente para substituír. Retensado do tramo en LA-56 entre os apoios nº 9RACDL7F//80-B-4-CT e nº 80-B-6 para substituír e do tramo en LAC-80 entre os apoios nº 80-B-7 para substituír e o nº 9RI1J454//80-B-8. Substitúense os apoios existentes nº 9RAJ4KMH//80-B-5 tipo HV-13/400 por tipo C-1000/14, nº 9RB6SF2L//80-B-6 tipo 2HP-12/500 por tipo C-2000/12 e nº 9RE5T70I//80-B-7 tipo 2HP-12/500 por tipo C-4500/14.
– Substitución de tramo (actuación 2) LMTA a 15 kVA, de 15 m, condutor tipo LA-56 Al, coa orixe no apoio nº 9RE23XP6//74-8 existente e remate no apoio nº 80-B-7 para substituír.
2. Lexislación de aplicación:
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.
A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e Goberno aberto desta consellería:
https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, se é o caso, achegar as alegacións ou observacións que xulguen axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.
A Coruña, 22 de xullo de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados. Concello de Malpica de Bergantiños
|
Nº parcela |
Lugar e referencia catastral |
Cultivo |
Propietario/a |
Afección de solo en pleno dominio |
Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica |
||||
|
Apoio nº |
m² |
ml aér. |
ml sot. |
m² aér. |
m² sot. |
||||
|
1 |
Lg. Chousa Vella 15044A015003580000 ER |
Rústico |
Descoñecido/a |
Apoio 1 |
2.0 |
||||
|
2 |
Lg. Chousa Vella 15044A015003600000 EK |
Rústico |
Descoñecido/a |
Apoio 2 |
2.0 |
||||
Abreviacións:
ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.
ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.
m2 aér.: superficie de servidume aérea en m².
m2 sot.: superficie de servidume soterrada.
