DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 14 de agosto de 2025 Páx. 44561

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de modificación da oferta de emprego público para o ano 2023.

Mediante a Resolución da segunda tenente de alcalde delegada de Persoal nº 2025003486, do 9 de xullo de 2025, aprobouse a seguinte modificación da oferta de emprego público do Concello de Oleiros correspondente ao ano 2023 publicada no BOP núm. 127, do 5 de xullo, e no DOG núm. 151, do 9 de agosto:

Mediante a Resolución número 2023003469, do 30 de xuño de 2023, aprobouse a oferta de emprego público do Concello de Oleiros para o ano 2023 (BOP núm. 127, do 5 de xullo e DOG núm. 151, do 9 de agosto.

Tendo en conta a modificación puntual da relación de postos de traballo do Concello, aprobada definitivamente polo Concello Pleno en sesión extraordinaria que tivo lugar o 26 de decembro de 2024 (BOP núm. 8, do 14 de xaneiro de 2025), que afecta unha das prazas obxecto da oferta mencionada que está sen executar.

En concreto, o cambio prodúcese na praza de persoal funcionario denominada técnico/a de turismo, que cambia do subgrupo C1 ao subgrupo A2, e modifícase tamén a escala e a subescala.

Resólvese o seguinte:

1. Modificar a oferta de emprego público do Concello de Oleiros para o ano 2023 (BOP núm. 127, do 5 de xullo, e DOG núm. 151, do 9 de agosto), para o persoal funcionario, do seguinte xeito:

Onde pon:

Denominación

Subgrupo

Escala

Subescala

Clase

Técnico de turismo

1

C1

Administración especial

Administrativa

Debe poñer:

Denominación

Subgrupo

Escala

Subescala

Clase

Técnico de turismo

1

A2

Administración especial

Técnica

Técnico/a medio/a

Oleiros, 9 de xullo de 2025

O alcalde
(Decreto da Alcaldía nº 2023003281, do 21 de xuño)
Margarita Figueroa Vázquez
Segunda tenente de alcalde delegada de Persoal