DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 14 de agosto de 2025 Páx. 44560

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Cañiza

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións para realizar unha nova vía na Cañiza.

Na sesión ordinaria realizada pola Xunta de Goberno do Concello da Cañiza (Pontevedra), do 3 de xullo de 2025, aprobouse inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións para a realización dun novo viario na Cañiza, redactado por Alfonso Botana, S.L.

En cumprimento do disposto no artigo 75 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 186 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, acordouse someter o presente plan a información pública durante dous (2) meses, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos periódicos de maior difusión na provincia. Así mesmo, notificarase individualmente a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados.

Durante o período de información pública, requiriranse das administracións públicas competentes os informes sectoriais e consultas que resulten preceptivos.

A Cañiza, 14 de xullo de 2025

Luis A. Gómez Piña
Alcalde