DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Luns, 18 de agosto de 2025 Páx. 44854

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 1 de agosto de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de implantación dun matadoiro, sala de despezamento e industria cárnica no lugar de Imo, na parroquia de San Xoán de Laíño, no concello de Dodro (clave do expediente 2025/0068).

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 1 de agosto de 2025 do proxecto de implantación dun matadoiro, sala de despezamento e industria cárnica no lugar de Imo, na parroquia de San Xoán de Laíño, no concello de Dodro (A Coruña), promovido por Matadero del Sar, S.L.

Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade