DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Luns, 18 de agosto de 2025 Páx. 44852

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 7 de agosto de 2025 pola que se resolve o concurso público de méritos para cubrir unha praza de profesor/a de lingua e literatura galega no colexio Vicente Cañada Blanch de Londres (Reino Unido), convocado mediante a Orde do 5 de xuño de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 115, do 18 de xuño).

Mediante a Orde do 5 de xuño de 2025 convocouse o concurso público de méritos entre persoal funcionario de carreira pertencente ao corpo de profesores de ensino secundario na especialidade de Lingua e Literatura Galega ou ao corpo de catedráticos de ensino secundario na especialidade de Lingua e Literatura Galega, que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para prover un posto de unha praza de profesor/a de lingua e literatura galegas no colexio Vicente Cañada Blanch de Londres (DOG núm. 115, do 18 de xuño, corrección de erros DOG núm. 119, do 24 de xuño).

No artigo 4 da citada Orde do 5 de xuño de 2025 encoméndaselle á Comisión de Selección, entre outras funcións, resolver as reclamacións que se presenten contra a resolución provisional, ditar a resolución pola que se aproba e publica a relación definitiva de persoas xunto co seu baremo definitivo, así como daquelas que se exclúen definitivamente, coa causa de exclusión, e elevar a proposta ao órgano de resolución, isto é, á persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

En consecuencia, mediante a Resolución do 7 de agosto de 2025, a Comisión de Selección resolve, de conformidade coas atribucións conferidas no artigo 4 da Orde do 5 de xuño de 2025, aprobar e facer pública, no anexo II da citada resolución, a proposta de adxudicación definitiva dunha praza de profesor/a de lingua e literatura galega no colexio Vicente Cañada Blanch de Londres e elevar a proposta ao órgano de resolución, isto é, á persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, da adxudicación da praza ofertada á persoa previamente seleccionada.

De conformidade co anterior e para os efectos de dar cumprimento ao establecido no artigo 5 da Orde do 5 de xuño de 2025,

DISPOÑO:

Primeiro. Adxudicar a praza convocada a Román Cerqueiro Landín, con DNI ***1060**, de conformidade coa proposta efectuada pola Comisión de Selección mediante a Resolución do 7 de agosto de 2025.

Segundo. A persoa seleccionada será nomeada en comisión de servizos para o curso académico 2025/26. O nomeamento poderá ser renovado, por ano académico e ata un máximo de cinco (5), sempre que conte cos informes favorables da consellería competente en materia de educación da Xunta de Galicia e do ministerio con competencias en materia de educación por parte da Administración central.

Terceiro. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular con carácter potestativo recurso de reposición ante a persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses, perante o xulgado do contencioso-administrativo que resulte competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2025

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional