Na sesión ordinaria realizada polo Pleno o día 27 de febreiro de 2025 adoptouse o seguinte acordo que se transcribe literalmente:
«Punto 2. Proposta da Alcaldía de cambio de uso dotacional de parte da parcela da antiga escola de Sobrada. Expediente 326/2025.
A alcaldesa somete á consideración do Pleno da Corporación a seguinte proposta:
(...) Unha vez examinado o expediente relativo ao cambio de uso dotacional dunha parte da parcela catastral 36054A037000670001RA, a que o vixente Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Tomiño (BOP núm. 93, do 15 de maio de 2001) outorga a categoría de equipamento, ordenanza de aplicación núm. 3.
Visto o proxecto redactado polos arquitectos Iago Fernández Blanco e Álvaro Touza Pol, cos números 3992 e 4045 de colexiados do COAG, respectivamente, e pertencentes ao estudo Blancotouza Arquitectos, S.L.P., relativo á reforma da antiga escola de Sobrada e xustificando o cambio de parte do uso de equipamento da parcela catastral 36054A037000670001RA, nomeadamente a parte que fai referencia ao uso educativo (dotacional), que pasaría a ter un uso dotacional sociocultural.
Visto o informe do arquitecto técnico municipal favorable ao cambio de uso dotacional pretendido do 13.2.2025, ao dárense os requisitos exixidos no PXOM vixente de Tomiño e logo da tramitación do procedemento previsto no artigo 42.5 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.
Visto que de conformidade co artigo 3.3.c) do Real decreto 128/2018, do 16 de marzo, polo que se aproba o réxime xurídico dos funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional, e 54.1.b) do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, o secretario accidental, o 13.2.2025, informa favorablemente, en vista da xustificación e do contido documental do expediente, sobre o cambio de uso dunha parte da parcela catastral 36054A037000670001RA, nos termos seguintes:
Parcela de referencia catastral: 36054A037000670001RA.
Parcela con uso: equipamento, ordenanza 3 do PXOM, uso educativo.
Superficie: 1.782 m2.
Realizado o cambio de uso, quedaría:
Parcela de referencia catastral: 36054A037000670001RA.
Parcela con uso: equipamento, ordenanza 3 do PXOM, uso sociocultural.
Superficie: 1.782 m2.
Por canto antecede, e en uso das atribucións legalmente conferidas, elevo ao Pleno da Corporación a adopción do seguinte acordo:
Primeiro. Aprobar o cambio de uso de parte da parcela catastral que a seguir se relaciona:
Referencia catastral: 36054A037000670001RA.
Superficie da parte da parcela afectada: 1.782 m2.
Situación: lg. Torrón-Sobrada, 53; polígono 37, parcela 67.
Categoría: solo de equipamentos. Ordenanza 3 do PXOM.
Uso proposto: dotacional sociocultural.
Segundo. Que se rectifique o inventario de bens do concello para os efectos de recoller este cambio de uso.
Terceiro. Publicar o acordado no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia.
Cuarto. Comunicar o acordo, en virtude do artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, de solo de Galicia, á consellería competente en materia de urbanismo para a súa inscrición no Rexistro de Planes Urbanísticos de Galicia.
Quinto. Comunicar ao Catastro e ao Rexistro da Propiedade as modificacións efectuadas».
E para que conste, para os efectos oportunos no expediente da súa razón, coa orde e co visto e prace da alcaldesa, coa excepción prevista no artigo 206 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, aprobado polo Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, expídese o presente anuncio.
Tomiño, 5 de marzo de 2025
|
P.D. (Resolución do 20.3.2023) |
Visto e prace |
