O Pleno da Corporación Municipal de Rábade, na sesión extraordinaria e urxente do 18 de xullo de 2025, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual número 6 do Plan xeral de ordenación municipal de Rábade, o que se fai público en cumprimento do disposto nos artigos 83 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 200 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei do solo de Galicia, e sométese o expediente á información pública durante o prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo poderá ser examinado por calquera persoa interesada nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.
Suspéndese o outorgamento de licenzas nos ámbitos do territorio afectados por esta modificación. A duración da suspensión é de dous anos, contados desde a aprobación inicial e, en todo caso, extinguirase coa aprobación definitiva da modificación do plan.
Rábade, 18 de xullo de 2025
Remedios González Cabarcos
Alcaldesa
