IV. Oposicións e concursos
Consellería de Facenda e Administración Pública
CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 31 de xullo de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo, pola quenda de promoción interna, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría forestal, convocado mediante a Resolución do 25 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 21, do 30 de xaneiro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.
Advertido erro na resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 154, do 13 de agosto de 2025, cómpre facer a seguinte corrección:
Na páxina 44220, onde di: «... o segundo exercicio da oposición, pola quenda de promoción interna, terá lugar o día 17 de setembro de 2025…».
Debe dicir: «... o segundo exercicio da oposición, pola quenda de promoción interna, terá lugar o día 17 de outubro de 2025...».