Advertido erro na resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 154, do 13 de agosto de 2025, cómpre facer a seguinte corrección:
Na páxina 44219, onde di: «... o segundo exercicio da oposición, pola quenda de promoción interna, terá lugar o día 18 de setembro de 2025, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na Aula 7 da Escola Galega de Administración Pública sita en Santiago de Compostela, na rúa Madrid, 2-4 (As Fontiñas)».
Debe dicir: «... o segundo exercicio da oposición, pola quenda de promoción interna, terá lugar o día 18 de outubro de 2025, en chamamento único que se iniciará ás 10.00 horas, na aula 8 da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela, na rúa Madrid 2-4 (As Fontiñas)».
