Expediente: IN407A 2023/443-1 modificado.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Proxecto: Modificado de proxecto: regulamentación CT Cerqueiras 15CCS1 e adecuación LMT.
Concello: Coristanco.
Feitos:
1. O día 14.5.2024, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada. Co obxecto de mellorar a calidade e seguridade da subministración eléctrica no lugar de Cerqueiras de Arriba e Cerqueiras de Abaixo, concello de Coristanco, proxéctase a substitución do centro de transformación existente CT Cerqueiras (15CCS1, expediente 50.148) de 100 kVA de potencia en envolvente de obra civil por chegar á fin da súa vida útil, instalando un novo centro de transformación compacto en envolvente prefabricada de 100 kVA, unha nova liña soterrada de media tensión que o conectará coa liña de distribución de media tensión LMT CBL707B Midusa-Anxeriz, 7, procedente da subestación de Carballo, e a súa interconexión coa rede de baixa tensión existente.
Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado Modificado de proxecto: regulamentación CT Cerqueiras 15CCS1 e adecuación LMT, asinado o día 9.5.2024 por Victoriano González Lemos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, nº colexiado 2.980 de Vigo; e a relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada.
2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:
Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.
– DOG: 16.7.2024.
– BOP: 19.6.2024.
– Xornal La Voz de Galicia: 26.7.2024.
– Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 1.8.2024.
3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública, José Ramón Pérez Gómez achegou unha alegación en que solicitaba a colocación do centro de transformación nunha localización alternativa por ser prexudicial para os seus intereses. Estas manifestacións foron trasladadas á empresa promotora, que respondeu na defensa dos seus intereses.
4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Coristanco, Deputación Provincial da Coruña e Servizo do Patrimonio Cultural da Coruña. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.
5. O día 9.5.2025 emitiuse o informe técnico.
Consideracións legais e técnicas:
1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1.2.2017), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27.5.2024).
2. Lexislación de aplicación.
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).
– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).
– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
3. Características técnicas.
As instalacións obxecto deste expediente están situadas no lugar de Cerqueiras de Abaixo, parroquia de Santa María de Traba, concello de Coristanco, e as súas características técnicas son as seguintes:
– LMTS a 15 kV, de 24 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×150) mm² Al, coa orixe no PA/S proxectado no novo apoio proxectado, onde se instalará un elemento seccionador tipo XS e autoválvulas, para intercalar entre os apoios nº 9WM2G5S5//45-22 por retirar e nº 9XPEIIBG//45-21 existente da LMT CBL707B Midusa-Anxeriz, 7, procedente da subestación de Carballo, e remate no CTC proxectado.
– Desmantelamento de tramo LMTA a 15 kV, condutor tipo LA-30 Al, coa orixe no CT Cerqueiras (15CCS1, expediente 50.148) existente por retirar e remate no apoio proxectado. Retirada dos apoios nº 9WM2G5S5//45-22 e 9WLM8PS2//45-23. Retensado de tramo aéreo entre o apoio nº 9XPEIIBG//45-21 e o novo apoio proxectado.
– Novo CT Cerqueiras compacto prefabricado tipo rural, cunha potencia de 100 kVA, unha relación de transformación de 15.000/400-230 V. Desmantelamento do CT Cerqueiras (15CCS1, expediente 50.148) de 100 kVA en envolvente de obra civil tipo rural en caseta alta.
4. Na visita de campo realizada para examinar o lugar da instalación non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume que sinala o artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
5. En relación coas alegacións formuladas por José Ramón Pérez Gómez, relativas ao cumprimento regulamentario das instalacións electromecánicas e eléctricas proxectadas e a afección correspondente na declaración de utilidade pública en concreto solicitada, e tendo en conta as manifestacións de UFD Distribución Electricidad, S.A., conclúese que non procede atender a solicitude, xa que non se alega ningunha das causas de limitación de servidume de paso establecidas no artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.
6. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.
Consonte con todo o sinalado,
RESOLVO:
A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.
A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
B) As instalacións deberán obter a autorización de explotación antes do 1 de xaneiro de 2026, segundo o indicado no artigo 13.9.a) do Regulamento (UE) 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, agás que se xustifique algunha das excepcións indicadas no antedito artigo 13.
C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:
– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.
– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia á persoa interesada, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.
Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.
A Coruña, 24 de xullo de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados. Termo municipal de Coristanco
Modificado de proxecto de regulamentación CT Cerqueiras 15CCS1 e de adecuación LMT
|
Nº de parcela |
Lugar e referencia catastral |
Cultivo |
Propietario |
Afección de solo en pleno dominio |
Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica |
||||
|
Apoio nº |
m² |
ml aér. |
ml sot. |
m² aér. |
m² sot. |
||||
|
1 |
Lg. Cerqueiras de Abaixo 3204906NH2830S0001LU |
Urbano. Solo sen edificar |
José Pérez Recarey Rúa |
Centro de transformación e beirarrúa perimetral |
26.85 |
||||
|
2 |
Lg. Cerqueiras de Abaixo 3204908NH2830S0001FU |
Urbano. Solo sen edificar |
Carmen Martínez López |
1 |
2.0 |
3.0 |
5.58 |
||
Abreviacións:
ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.
ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.
m² aér.: superficie de servidume aérea en m².
m² sot.: superficie de servidume soterrada.
