DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Mércores, 20 de agosto de 2025 Páx. 45465

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 13 de agosto de 2025 polo que se somete a información pública a tramitación dunha modificación substancial por ampliación do prazo-prórroga excepcional por execución de investimentos relevantes da concesión administrativa de ocupación do dominio público portuario no porto de Bodión (clave 12-54-11-C-1).

Está en trámite unha modificación substancial por ampliación do prazo-prórroga excepcional por execución de investimentos relevantes da concesión administrativa outorgada a Jealsa Foods, S.A., para a ocupación de dominio público portuario, co obxecto da regularización e unificación dos títulos concesionais destinados á industria conserveira e actividades complementarias, no porto de Bodión, de acordo coa Resolución de inicio de trámite, asinada pola Presidencia de Portos de Galicia o 6.8.2025, con base nos proxectos asinados o 20.6.2025, polos enxeñeiros industriais David Pérez Sánchez, colexiado número 3484, e Roberto Carlos Ozores Nine, colexiado número 2084: Proxecto básico de mellora de condicións térmicas e de confort en planta, cuberta e climatización e Proxecto básico para a construción dunha nave industrial destinada a valorización de subprodutos de pescado e implantación de procesos eficientes enerxeticamente.

O que se fai público, para os efectos previstos no 70 de la Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas podan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Área de Explotación e Planificación, sitas na praza de Europa, nº 5-A, 6º, 15707 Santiago de Compostela, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2025

José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia