DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Mércores, 20 de agosto de 2025 Páx. 45466

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Guarda

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de infraestruturas e dotacións deportivas na Sangriña.

O Pleno do Concello da Guarda, en sesión extraordinaria do 28 de abril de 2025, adoptou o seguinte acordo:

Aprobado inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións deportivas na Sangriña mediante a Resolución da Alcaldía, do 19 de maio de 2022, mediante a Resolución da Alcaldía 2024/441, do 25 de marzo, adoptouse o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar provisionalmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións deportivas na Sangriña (documento PEID SANG setembro 2023).

Segundo. Someter o Plan especial de infraestruturas e dotacións deportivas na Sangriña, co expediente completo debidamente dilixenciado, ao órgano autonómico competente en materia de urbanismo para o seu informe preceptivo, que deberá ser emitido no prazo de dous meses, contados desde a entrada do expediente completo no rexistro da consellería. Transcorrido este prazo sen que se comunique o informe solicitado, poderá continuarse a tramitación do plan».

Foi sometido a informe previo, preceptivo e vinculante, da Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia, que emitiu o informe en sentido favorable condicionado ao cumprimento das condicións que se facían constar nel.

Foi emitido informe polo arquitecto municipal en sentido favorable á aprobación definitiva, o 27 de xaneiro de 2025, pola Asesoría Xurídica, o 11 de marzo de 2025, e pola secretaria municipal, o 13 de marzo de 2025.

Examinada a documentación que a acompaña e de conformidade co artigo 75.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, así como co artigo 186.1 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro, e co artigo 21.1.j) da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime Local, propoño á adopción do seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar definitivamente o Plan especial de infraestruturas e dotacións deportivas na Sangriña (documento PEID SANG setembro 2023).

Segundo. Publicar o acordo de aprobación definitiva do Plan especial de infraestruturas e dotacións deportivas na Sangriña, no prazo dun mes desde a súa adopción, no Diario Oficial de Galicia. Xunto coa publicación deste acordo publicarase a indicación das medidas adoptadas para o seguimento dos efectos no medio da aplicación do plan e a referencia ao enderezo electrónico en que figurará o contido íntegro do plan á disposición do público. Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste concello (http://aguarda.sedelectronica.gal).

Terceiro. Proceder á inscrición do instrumento no Rexistro de Plan Urbanístico de Galicia, e simultaneamente notificar individualmente a aprobación definitiva do Plan especial a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados».

A Guarda, 15 de xullo de 2025

Roberto José Álvarez Carrero
Alcalde