A devandita adxudicación efectuouse de conformidade coa proposta do tribunal cualificador do 24.7.2025 e implica, así mesmo, a adxudicación da praza de policía correspondente ao posto de traballo adxudicado e a integración da persoa adxudicada como funcionario de carreira coa categoría de policía da escala básica de Administración especial, subescala de servizos especiais, do corpo da Policía Local do Concello de Pontevedra (grupo C, subgrupo C1).
Dáselle publicidade de conformidade coas bases da convocatoria e o punto terceiro da propia resolución, tras o cal e se iniciará o cómputo dos prazos de cesamento e posesorio previstos na base décimo terceira reguladora da convocatoria.
Contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer ben recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.
Non obstante, os/as interesados/as tamén poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren procedente conforme o dereito.
Pontevedra, 13 de agosto de 2025
O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 17.9.2024)
Eva María Villaverde Pego
Concelleira responsable da Área de Servizos non Territorializados
