En cumprimento do previsto nos artigos 109 e 144 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a modificación dunha concesión de augas nos seguintes termos:
Solicitante: C.U. de Auga Marco do Cornado-Farrapa.
Expediente: DH.A15.62136.
Volume total anual: 14.789,78 m³/ano.
Caudal máximo instantáneo: 0,88 l/s.
Destino: uso doméstico, gandeiro e rega.
Orixe: manancial.
Lugar: Prado do Gorgal.
Parroquia: Bugallido (San Pedro).
Concello: Negreira.
Descrición do aproveitamento: o aproveitamento consiste na captación dun manancial situado na parcela nº 889 do polígono 514, nas coordenadas UTM X=512.486 Y=4.753.821 ETRS89 fuso 29, mediante unha arqueta con aros de formigón de 1 m de diámetro, e condución ata un depósito repartidor na parcela 895, desde o que parten as conducións ata as parcelas de uso. Con respecto da concesión orixinal, engádense novos usuarios e modifícase o trazado da condución, que discorre por camiños e cruza a parcela nº 738.
O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 54 49 27.
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 7 de abril de 2025
Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro
