DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Mércores, 20 de agosto de 2025 Páx. 45455

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 3 de abril de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Betanzos (expediente DH.A15.91501).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Concello de Betanzos.

CIF: ****0900*.

Expediente: DH.A15.91501.

Volume total anual: 1.962.000 m³/ano.

Caudal máximo instantáneo: 120 l/s.

Orixe: río Mendo. x=564.140; y=4.791.189 (coordenadas UTM ETRS89, fuso 29).

Lugar: Acea.

Parroquia: Brabío.

Concello: Betanzos (A Coruña).

Destino: abastecemento municipal do concello de Betanzos (demanda urbana e uso gandeiro) e uso industrial no polígono industrial de Piadela.

Concello: Betanzos (A Coruña).

Descrición do aproveitamento: trátase dunha captación no río Mendo mediante unha represa de 0,9 m de alto e 4,9 m de lonxitude, que permite a derivación do caudal necesario mediante dúas tubaxes de PVC de 200 mm de diámetro cara a un bombeo (ref. catastral 15009A01000176) que eleva a auga á ETAP do Coto (ref. catastral 15009A01300343). Desde este punto a auga condúcese ao depósito de cabeceira zona vella e depósito de distribución zona nova, situados na mesma parcela que a ETAP. Desde o depósito de cabeceira bombéase a auga cara ao depósito de regulación Xan Rozo (ref. catastral 15009A01500698). Desde estes depósitos distribúese a auga a todo o concello de Betanzos. Por último, existe un bombeo logo do paso da auga pola rede de distribución do núcleo de Betanzos, cara ao depósito de regulación San Martiño (ref. catastral 15009A00500875) desde onde se distribúe a auga cara aos barrios da Xerpe, San Martiño, Caraña e Fontiña.

A documentación pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar, 15008 A Coruña. Para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 18 25 30.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 3 de abril de 2025

Néstor Rodríguez Aria
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte