DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Mércores, 20 de agosto de 2025 Páx. 45412

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2025 pola que se convocan cursos de formación en prevención de riscos laborais de carácter obrigatorio para o persoal de diversos centros de traballo das provincias da Coruña e Pontevedra.

De acordo co convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública (en diante, EGAP) e Vitaly Health Services, S.L. para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación,

RESOLVO:

Convocar os cursos que figuran no anexo II, que se deberán desenvolver segundo as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2025

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Primeira. Requisitos das persoas participantes

Poderá participar nas accións formativas convocadas mediante esta resolución o persoal dos diversos centros de traballos indicados no anexo II.

Este persoal terá que estar en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e reunir os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

As actividades formativas realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada unha delas se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>.

Terceira. Acceso ás actividades formativas

O acceso será a través da páxina web da EGAP: <https://egap.xunta.gal> e, unha vez dentro, haberá que seguir as seguintes instrucións:

1. É preciso estar rexistrado na área de matrícula da EGAP. Para iso ten que premer na icona «área de matrícula» da páxina web da EGAP e rexistrarse premendo en «rexistrar unha conta para acceder ás aplicacións», situada na parte inferior da pantalla (no caso de que o/a traballador/a xa estea rexistrado/a, este paso non será necesario).

2. A EGAP procederá á matriculación do alumnado indicado polo Servizo de Prevención de Riscos Laborais.

3. Unha vez rexistrado/a e matriculado/a, poderá acceder ao curso o día do seu comezo.

4. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.

5. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 53, 981 54 62 54, 981 54 62 73 e 981 54 63 35, en horario de atención ao publico (das 9.00 ás 14.00 horas), e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

Cuarta. Comprobación de datos

1. Conforme o disposto no artigo 28.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), para a tramitación do procedemento de selección consultaranse automaticamente os datos das persoas solicitantes das accións formativas, necesarios para realizar o proceso de selección, salvo que a persoa interesada se opoña a iso. Neste caso, a persoa interesada deberá indicalo, incluíndo os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular, e achegar ademais unha copia dos documentos a cuxa consulta se opón, a través do seguinte enderezo electrónico: xestion.egap@xunta.gal

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta deberán indicalo expresamente, incluíndo os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular, e achegar os documentos que indiquen a súa situación administrativa, tipo de persoal e antigüidade na Administración, a través do seguinte enderezo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

4. A EGAP poderá pedir as certificacións necesarias para realizar a selección.

Quinta. Criterios de selección

O Servizo de Prevención de Riscos Laborais indicará o persoal obrigado a realizar esta formación.

Sexta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado

1. A EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> unha relación das persoas seleccionadas para participar en cada curso, de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sétima. A asistencia

A asistencia:

a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e a puntualidade.

b) Durante a actividade formativa, terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.

c) As faltas de asistencia:

1. Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente, ante as persoas responsables da actividade formativa, nun prazo máximo de dez (10) días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran isto perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

2. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas presenciais pasarán ao final das listas de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización de esta actividade.

Oitava. Superación da actividade formativa

Para poder superar a actividade de formación, o alumnado deberá superar unha proba de avaliación que se realizará ao final dela.

Novena. Certificados

Para a obtención do certificado de aproveitamento, o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe en que declare apto/a ou non apto/a cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.

Décima. Facultades da EGAP e Vitaly Health Services, S.L.

1. A EGAP e Vitaly Health Services, S.L. poderán modificar o desenvolvemento, as datas e os lugares da actividade formativa, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Tamén lles corresponde a ambos os dous organismos prover canto sexa necesario para a execución e o cumprimento desta resolución.

2. No suposto de que o número de admitidos/as sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP e Vitaly Health Services, S.L. reservan para si o dereito a suspender ou cancelar a actividade, e neste caso empregarán os medios de notificación ás persoas interesadas, previstos na normativa vixente.

3. A EGAP e Vitaly Health Services, S.L. garantirán, na actividade derivada desta convocatoria, a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

ANEXO II

Código

Edición

Denominación

Persoal destinatario

Horas

Prazas

Modalidade

Data, horario e lugar de realización

CV25091

Redondela1

Formación en prevención de riscos laborais: mobilización de residentes

Curso obrigatorio segundo o establecido no artigo 19 da Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais, para o persoal de atención directa do CAPD de Redondela: persoal coidador. Enfermaría. Fisioterapeuta. Terapeuta ocupacional.

3

18

Presencial

24 de novembro de 2025

Horario: das 8.30 ás 11.30 horas

Lugar de realización: CAPD de Redondela

CV25091

Redondela2

Horario: das 12.00 ás 15.00 horas

Lugar de realización: CAPD de Redondela

CV25091

Redondela3

26 de novembro de 2025

Horario: das 8.30 ás 11.30 horas

Lugar de realización: CAPD de Redondela

CV25091

Redondela4

Redondela5

28 de novembro de 2025

Horario: das 8.30 ás 11.30 horas

Lugar de realización: CAPD de Redondela

CV25091

Redondela6

Formación en prevención de riscos laborais: mobilización de residentes

Curso obrigatorio segundo o establecido no artigo 19 da Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais, para o persoal de atención directa do CAPD de Redondela: persoal coidador. Enfermaría. Fisioterapeuta. Terapeuta ocupacional.

3

18

Presencial

28 de novembro de 2025

Horario: das 12.00 ás 15.00 horas

Lugar de realización: CAPD de Redondela

CV25092

Pontevedra1

Formación en prevención de riscos laborais: primeiros auxilios

Persoal dos equipos de primeiros auxilios do Edificio Administrativo de Pontevedra.

6

30

Presencial

1 de outubro de 2025

Horario: das 8.30 ás 14.30 horas

Lugar de realización: Edificio Administrativo de Pontevedra

CV25093

Oleiros1

Formación en prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

Persoal dos equipos de alarma e evacuación, de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que exerza a Xefatura de Emerxencia e/ou Primeira Intervención da Residencia de Maiores de Oleiros.

12

25

Presencial

2 e 3 de setembro de 2025

Horario: das 8.30 ás 14.30 horas

Lugar de realización: Residencia Asistida de Maiores de Oleiros

CV25093

Oleiros2

8 e 9 de setembro de 2025

Horario: das 8.30 ás 14.30 horas

Lugar de realización: Residencia Asistida de Maiores de Oleiros

CV25093

Oleiros3

Formación en prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

Persoal dos equipos de alarma e evacuación, de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que exerza a Xefatura de Emerxencia e/ou Primeira Intervención da Residencia de Maiores de Oleiros.

12

25

Presencial

10 e 11 de setembro de 2025

Horario: das 8.30 ás 14.30 horas

Lugar de realización: Residencia Asistida de Maiores de Oleiros

CV25093

Oleiros4

Formación en prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

Persoal dos equipos de alarma e evacuación, de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que exerza a Xefatura de Emerxencia e/ou Primeira Intervención da Residencia de Maiores de Oleiros.

12

25

Presencial

15 e 16 de setembro de 2025

Horario: das 8.30 ás 14.30 horas

Lugar de realización: Residencia Asistida de Maiores de Oleiros

CV25093

Oleiros5

Formación en prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

Persoal dos equipos de alarma e evacuación, de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que exerza a Xefatura de Emerxencia e/ou Primeira Intervención da Residencia de Maiores de Oleiros.

12

25

Presencial

17 e 18 de setembro de 2025

Horario: das 8.30 ás 14.30 horas

Lugar de realización: Residencia Asistida de Maiores de Oleiros

CV25093

Oleiros6

Formación en prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

Persoal dos equipos de alarma e evacuación, de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que exerza a Xefatura de Emerxencia e/ou Primeira Intervención da Residencia de Maiores de Oleiros.

12

25

Presencial

23 e 24 de setembro de 2025

Horario: das 8.30 ás 14.30 horas

Lugar de realización: Residencia Asistida de Maiores de Oleiros

CV25093

Oleiros7

Formación en prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

Persoal dos equipos de alarma e evacuación, de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que exerza a Xefatura de Emerxencia e/ou Primeira Intervención da Residencia de Maiores de Oleiros.

12

25

Presencial

25 e 26 de setembro de 2025

Horario: das 8.30 ás 14.30 horas

Lugar de realización: Residencia Asistida de Maiores de Oleiros

CV25093

Oleiros8

Formación en prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

Persoal dos equipos de alarma e evacuación, de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que exerza a Xefatura de Emerxencia e/ou Primeira Intervención da Residencia de Maiores de Oleiros.

12

25

Presencial

29 e 30 de setembro de 2025

Horario: das 8.30 ás 14.30 horas

Lugar de realización: Residencia Asistida de Maiores de Oleiros

CV25094

Igafa1

Formación en prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

Persoal dos equipos de alarma e evacuación, de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que exerza a Xefatura de Emerxencia e/ou Primeira Intervención do Igafa.

12

25

Presencial

2 e 3 de setembro de 2025

Horario: das 8.30 ás 14.30 horas

Lugar de realización: Igafa

CV25094

Igafa2

Formación en prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

Persoal dos equipos de alarma e evacuación, de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que exerza a Xefatura de Emerxencia e/ou Primeira Intervención do Igafa.

12

25

Presencial

4 e 5 de setembro de 2025

Horario: das 8.30 ás 14.30 horas

Lugar de realización: Igafa

CV25095

Vigo1

Formación en prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

Persoal dos equipos de alarma e evacuación, de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que exerza a Xefatura de Emerxencia e/ou Primeira Intervención do Edificio Administrativo de Vigo.

12

30

Presencial

18 e 19 de setembro de 2025

Horario: das 8.30 ás 14.30 horas

Lugar de realización: Edificio Administrativo de Vigo

CV25095

Vigo2

Formación en prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

Persoal dos equipos de alarma e evacuación, de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que exerza a Xefatura de Emerxencia e/ou Primeira Intervención do Edificio Administrativo de Vigo.

12

30

Presencial

8 e 9 de outubro de 2025

Horario: das 8.30 ás 14.30 horas

Lugar de realización: Edificio Administrativo de Vigo

CV25096

Altamar

Formación en prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

Persoal dos equipos de alarma e evacuación, de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que exerza a Xefatura de Emerxencia e/ou Primeira Intervención da Residencia Xuvenil Altamar.

12

25

Presencial

22 e 23 de decembro de 2025

Horario: das 8.30 ás 14.30 horas

Lugar de realización: Residencia Xuvenil Altamar

CV25097

Cidadexustiza1

Formación en prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

Persoal dos equipos de alarma e evacuación, de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que exerza a Xefatura de Emerxencia e/ou Primeira Intervención da Cidade da Xustiza de Vigo.

12

30

Presencial

21 e 22 de outubro de 2025

Horario: das 8.30 ás 14.30 horas

Lugar de realización: Cidade da Xustiza de Vigo-Aula Informática

CV25097

Cidadexustiza2

Formación en prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

Persoal dos equipos de alarma e evacuación, de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que exerza a Xefatura de Emerxencia e/ou Primeira Intervención da Cidade da Xustiza de Vigo.

12

30

Presencial

29 e 30 de outubro de 2025

Horario: das 8.30 ás 14.30 horas

Lugar de realización: Cidade da Xustiza de Vigo-Aula Informática

CV25097

Cidadexustiza3

Formación en prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

Persoal dos equipos de alarma e evacuación, de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que exerza a Xefatura de Emerxencia e/ou Primeira Intervención da Cidade da Xustiza de Vigo.

12

30

Presencial

5 e 6 de novembro de 2025

Horario: das 8.30 ás 14.30 horas

Lugar de realización: Cidade da Xustiza de Vigo-Aula Informática

CV25097

Cidadexustiza4

Formación en prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

Persoal dos equipos de alarma e evacuación, de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que exerza a Xefatura de Emerxencia e/ou Primeira Intervención da Cidade da Xustiza de Vigo.

12

30

Presencial

12 e 13 de novembro de 2025

Horario: das 8.30 ás 14.30 horas

Lugar de realización: Cidade da Xustiza de Vigo-Aula Informática

CV25097

Cidadexustiza5

Formación en prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

Persoal dos equipos de alarma e evacuación, de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que exerza a Xefatura de Emerxencia e/ou Primeira Intervención da Cidade da Xustiza de Vigo.

12

30

Presencial

19 e 20 de novembro de 2025

Horario: das 8.30 ás 14.30 horas

Lugar de realización: Cidade da Xustiza de Vigo-Aula Informática

CV25098

Ferrol1

Formación en prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

Persoal dos equipos de alarma e evacuación, de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que exerza a Xefatura de Emerxencia e/ou Primeira Intervención do Centro de Menores de Ferrol.

12

30

Presencial

1 e 2 de outubro de 2025

Horario: das 8.30 ás 14.30 horas

Lugar de realización: Centro de Menores de Ferrol

CV25098

Ferrol2

7 e 8 de outubro de 2025

Horario: das 8.30 ás 14.30 horas

Lugar de realización: Centro de Menores de Ferrol

CV25098

Ferrol3

Formación en prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

Persoal dos equipos de alarma e evacuación, de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que exerza a Xefatura de Emerxencia e/ou Primeira Intervención do Centro de Menores de Ferrol.

12

30

Presencial

13 e 14 de outubro de 2025

Horario: das 8.30 ás 14.30 horas

Lugar de realización: Centro de Menores de Ferrol

CV25099

Pontevedra1

Formación en prevención de riscos laborais: xestión de agresión

Persoal de atención directa dos centros asistenciais de Política Social da provincia de Pontevedra.

6

35

Presencial

30 de setembro de 2025

Horario: das 8.30 ás 14.30 horas

Lugar de realización: Edificio Administrativo de Pontevedra

CV25099

Pontevedra2

Formación en prevención de riscos laborais: xestión de agresión

Persoal de atención directa dos centros asistenciais de Política Social da provincia de Pontevedra.

6

35

Presencial

3 de outubro de 2025

Horario: das 8.30 ás 14.30 horas

Lugar de realización: Edificio Administrativo de Pontevedra

CV25099

Pontevedra3

Formación en prevención de riscos laborais: xestión de agresión

Persoal de atención directa dos centros asistenciais de Política Social da provincia de Pontevedra.

6

35

Presencial

6 de outubro de 2025

Horario: das 8.30 ás 14.30 horas

Lugar de realización: Edificio Administrativo de Pontevedra

CV25099

Pontevedra4

Formación en prevención de riscos laborais: xestión de agresión

Persoal de atención directa dos centros asistenciais de Política Social da provincia de Pontevedra.

6

35

Presencial

10 de outubro de 2025

Horario: das 8.30 ás 14.30 horas

Lugar de realización: Edificio Administrativo de Pontevedra

CV25100

CAPD1

Formación en prevención de riscos laborais: xestión de agresión

Persoal de atención directa do CAPD de Redondela.

6

35

Presencial

24 de outubro de 2025

Horario: das 8.30 ás 14.30 horas

Lugar de realización: CAPD de Redondela

CV25100

CAPD2

Formación en prevención de riscos laborais: xestión de agresión

Persoal de atención directa do CAPD de Redondela.

6

35

Presencial

29 de outubro de 2025

Horario: das 8.30 ás 14.30 horas

Lugar de realización: CAPD de Redondela

CV25100

CAPD3

Formación en prevención de riscos laborais: xestión de agresión

Persoal de atención directa do CAPD de Redondela.

6

35

Presencial

3 de novembro de 2025

Horario: das 8.30 ás 14.30 horas

Lugar de realización: CAPD de Redondela

CV25100

CAPD4

Formación en prevención de riscos laborais: xestión de agresión

Persoal de atención directa do CAPD de Redondela.

6

35

Presencial

7 de novembro de 2025

Horario: das 8.30 ás 14.30 horas

Lugar de realización: CAPD de Redondela

CV25100

CAPD5

Formación en prevención de riscos laborais: xestión de agresión

Persoal de atención directa do CAPD de Redondela.

6

30

Presencial

12 de novembro de 2025

Horario: das 8.30 ás 14.30 horas

Lugar de realización: CAPD de Redondela

CV25100

CAPD6

Formación en prevención de riscos laborais: xestión de agresión

Persoal de atención directa do CAPD de Redondela.

6

35

Presencial

14 de novembro de 2025

Horario: das 8.30 ás 14.30 horas

Lugar de realización: CAPD de Redondela

CV25100

CAPD7

Formación en prevención de riscos laborais: xestión de agresión

Persoal de atención directa do CAPD de Redondela.

6

35

Presencial

17 de novembro de 2025

Horario: das 8.30 ás 14.30 horas

Lugar de realización: CAPD de Redondela

CV25100

CAPD8

Formación en prevención de riscos laborais: xestión de agresión

Persoal de atención directa do CAPD de Redondela.

6

35

Presencial

21 de novembro de 2025

Horario: das 8.30 ás 14.30 horas

Lugar de realización: CAPD de Redondela