DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Xoves, 21 de agosto de 2025 Páx. 45585

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2025 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 4 de agosto de 2025, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes xustifícase polos cambios introducidos na súa estrutura orgánica polo Decreto 136/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e a súa modificación, así como polas razóns indicadas no punto primeiro do acordo.

Esta modificación é unha modificación parcial que contén cambios de diversa natureza pero, por razóns de eficacia e operatividade, considérase máis axeitada unha publicación completa e non parcial desta, de tal xeito que nesta publicación figuran postos cuxas clasificacións e características foron aprobadas polo Consello da Xunta de Galicia en modificacións anteriores.

O importe dos complementos específicos non inclúe o incremento retributivo publicado o 2 de xullo de 2025 pola Orde PJC/681/2025, do 1 de xullo, pola que se publica o Acordo do Consello de Ministros, do 1 de xullo de 2025, polo que se aproba o incremento do 0,5 por cento das retribucións do persoal ao servizo do sector público previsto no artigo 6.2 da Real decreto lei 4/2024, do 26 de xuño, polo que se prorrogan determinadas medidas para afrontar as consecuencias económicas e sociais derivadas dos conflitos en Ucraína e Oriente Próximo e se adoptan medidas urxentes en materia fiscal, enerxética e social.

En consecuencia, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 4 de agosto de 2025, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.

Segundo. Clasificar de libre designación os postos que a seguir se relacionan, en aplicación dos criterios de excepcionalidade que se indican, de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e co disposto na Resolución do 25 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para a tramitación de relacións de postos de traballo e a determinación dos criterios de excepcionalidade e funcións que definen as características que motivan a especial responsabilidade ou cualificación profesional dos postos de traballo de libre designación, de nivel 28 ou inferior, da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia:

Código do posto

Posto

Criterio

PR.C02.00.004.15770.005

SUPERVISOR/A PARQUE MÓBIL

Especial responsabilidade por xestionar información especialmente reservada da Xunta de Galicia:

Responsabilidade directa dos rexistros ou arquivos que conteñen información sobre actividades do presidente e vicepresidente da Xunta.

PR.C04.00.001.15770.020

XEFATURA SERVIZO XESTIÓN E COOPERACIÓN ECONÓMICA

Especial responsabilidade por xestionar información especialmente reservada da Xunta de Galicia:

Responsabilidade directa dos rexistros ou arquivos que conteñen información estratéxica para a toma de decisións do presidente e vicepresidente da Xunta de Galicia.

PR.C04.00.002.15770.020

XEFATURA SERVIZO COOPERACIÓN XURÍDICA E PACTO LOCAL

Especial responsabilidade por xestionar información especialmente reservada da Xunta de Galicia:

Responsabilidade directa dos rexistros ou arquivos que conteñen información sobre actividades e preparación da orde do día e das convocatorias e documentación dos expedientes que se eleven ao Consello da Xunta e á Comisión de Secretarios Xerais Técnicos.

Especial responsabilidade por exercer a representación institucional da Xunta de Galicia:

Substitución da representación institucional da Xunta de Galicia en centros dependentes da Xunta de Galicia, fóra do ámbito territorial da Comunidade Autónoma.

Terceiro. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 4 de agosto de 2025, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2025

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file