DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Xoves, 21 de agosto de 2025 Páx. 45782

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade Usuarios Traída de Augas Cabadas Abertas

ANUNCIO da convocatoria da xunta xeral ordinaria.

José Benito Nogueira Cancelas, con DNI ***9621**, en calidade de presidente da Comunidade de Usuarios Traída de Augas Cabadas Abertas, de conformidade co establecido nos estatutos sociais, convoca os usuarios a unha xunta xeral ordinaria, que terá lugar o venres día 29 de agosto de 2025, ás 20.30 horas en primeira convocatoria e ás 21.00 horas en segunda convocatoria, no local da Casa dos xubilados de Santa Cristina de Cobres.

Lémbrase que os usuarios que non poidan acudir poderán delegar o seu voto por escrito noutra persoa.

Orde do día

1º. Lectura da acta anterior e aprobación, se procede.

2º. Estado das subvencións para o ano 2025.

3º. Restrición da auga a 500 litros por vivenda e día.

4º. Renovación da directiva.

5º. Estado de contas.

6º. Rogos e preguntas.

Santa Cristina de Cobres (Vilaboa), 13 de agosto de 2025

José Benito Nogueira Cancelas
Presidente da Comunidade de Usuarios Traída de Augas Cabadas Abertas