DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Xoves, 21 de agosto de 2025 Páx. 45781

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Augas de Madriñán

ANUNCIO da primeira convocatoria da asemblea xeral para a constitución da comunidade.

María Jesús Castro Sanmartín, veciña da parroquia de Madriñán, concello de Lalín (Pontevedra), por medio deste anuncio convoca a asemblea xeral a todas as persoas usuarias da comunidade de augas de Madriñán, co fin de constituírse en comunidade de usuarios e solicitar a correspondente concesión administrativa.

A asemblea terá lugar no local social de Madriñán o primeiro martes de setembro transcorridos 15 días hábiles tras publicación no DOG, ás 16.30 horas en primeira convocatoria e ás 18.00 horas en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:

1. Constitución da comunidade, formación de relación nominal de usuarios, solicitude de o concesión administrativa. Elección de nome e domicilio da comunidade.

2. Aprobar as bases para a redacción de ordenanzas e regulamentos.

3. Designar a comisión encargada da dirección da comunidade e da redacción das ordenanzas e regulamentos.

4. Rogos e preguntas.

Madriñán-Lalín, 30 de xullo de 2025

María Jesús Castro Sanmartín
Representante da Comunidade de Usuarios de Augas de Madriñán