DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Xoves, 21 de agosto de 2025 Páx. 45699

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 2025 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no cadro de persoal funcionario de administración e servizos.

Mediante a Resolución da Xerencia do 2 de xullo de 2025 (DOG núm. 132, do 11 de xullo) convócase a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo que se relaciona no anexo desta resolución.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 19 do Regulamento de mobilidade de persoal de administración e servizos da USC, emitiuse informe motivado por parte do reitor, en relación co posto convocado. No dito informe especificáronse tanto os criterios de interese xeral considerados como prioritarios para decidir o nomeamento, como os méritos e capacidades que a persoa candidata proposta reúne para o desempeño do posto de traballo.

Acreditada a observancia do procedemento, así como o cumprimento por parte do candidato dos requisitos e especificacións exixidos na convocatoria, o xerente no exercicio das competencias delegadas que se lle recoñecen mediante a Resolución reitoral do 21 de abril de 2022 (DOG do 26 de abril),

dispón:

Primeiro. Resolver a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, efectuada mediante a Resolución da Xerencia do 2 de xullo de 2025, e adxudicar o posto convocado ao persoal funcionario que se relaciona no anexo desta resolución.

Segundo. O destino adxudicado será irrenunciable, agás que antes de rematar o prazo de toma de posesión se obtivese outro destino mediante convocatoria pública, neste caso o interesado queda obrigado, a comunicarllo á Xerencia no prazo de tres días.

Terceiro. O prazo para tomar posesión do novo destino será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. No caso de que a persoa adxudicataria do posto reingrese ao servizo activo, o prazo para a toma de posesión será dun mes.

Cuarto. O prazo para tomar posesión empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando finalicen os permisos ou licenzas de maternidade ou paternidade concedidos á persoa interesada. Igual tratamento terán os supostos de incapacidade temporal, en que o cómputo do prazo posesorio iniciarase a partir da correspondente alta.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2025

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela
P.D. (Resolución reitoral do 21.4.2022; DOG do 26 de abril)
Antonio Javier Ferreira Fernández
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Denominación do posto: Secretaría de dirección. Unidade de Xestión Administrativa da Reitoría.

Número de praza: PF000862.

Subgrupo: C1/C2.

Nivel: 20.

Complemento específico: 10.475,50.

Xornada: mañá.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Souto Barral, Manuel Roberto.

DNI: ***1676**.