De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos e do portal de notificacións electrónicas Notifica.gal, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o comunicado de desconto de haberes.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.
A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do comunicado e os seus anexos, e constancia de tal coñecemento.
A persoa interesada dispón dun prazo de quince (15) días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue pertinentes e, de ser o caso, propoñer unha proba concretando os medios de que pretenda valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
De non efectuar alegacións sobre o contido do comunicado no prazo previsto no artigo citado, poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.
Vigo, 1 de agosto de 2025
María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo
ANEXO
|
Persoa interesada |
Acto que se notifica |
Autoridade que o adopta |
|
10853976T |
Comunicado de desconto de haberes |
Directora territorial |
