DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Luns, 25 de agosto de 2025 Páx. 46518

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 28 de xullo de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública o procedemento de extinción e solicitude dunha nova concesión de augas no concello de Cerceda (expedientes DH.A15.10931 e DH.A15.102541).

En cumprimento do previsto nos artigos 163 e 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar o seguinte procedemento de extinción da concesión de augas outorgada no expediente DH.A15.10931, e a solicitude dunha nova concesión no expediente DH.A15.102541, coas mesmas características, que son as seguintes:

Solicitante: Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

DNI: ****7980*.

Expedientes: DH.A15.10931 e DH.A15.102541.

Volume total anual: 2.207.520 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 70 l/s.

Destino: uso industrial.

Orixe: encoro de San Cosmade.

Lugar: San Cosmade.

Parroquia: As Encrobas (San Román).

Concello: Cerceda.

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste nunha captación de auga no encoro de San Cosmade, mediante pozo de bombeo na súa marxe norte, con estrutura de formigón armado de 10,50 m de fondo, uns 15 m de longo e dúas aberturas de 1,25 m, dotado de reixa de limpeza automática, desde o cal poden operar tres grupos de bombeo de eixe vertical de 37 kW de potencia cada un, para impulsar o caudal ao longo duns 3,9 km mediante tubaxe soterrada de 300 mm de diámetro, ata unha cámara de rotura de carga, desde a que se distribúe mediante unha tubaxe duns 736 m de longo ata as instalacións de Sogama, para uso nos seus procesos industriais.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña). Para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2025

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro